República Centroafricana: 645 nenos soldado liberados de grupos armados dende maio

Chéganos unha boa noticia dende República Africana, onde 163 nenos foron liberados dun grupo armado. Os nenos, entre os que se encontraban 5 nenas, foron postos en liberdade pola milicia anti-Balaka nunha cerimonia en Batangafo.

 

desmobilización, que facilitamos dende UNICEF xunto a unha das misións especiaisda ONU no país africano, produciuse tres meses despois do acordo entre10 grupos armados do país para desmolibizar a todos os nenos das súas filas.

"Esta liberación é un sinal de que o proceso de implementación docompromiso asumido polos líderes destes grupos, como parte do proceso de paz ereconciliación, vai por bo camiño", dixo Mohamed Malick Fall
, o noso representante en República Centroafricana, que asistiu á cerimonia. "Esperamos ver centos de nenos liberados antes de finais deste ano".

NenOS SOLDADO EN REPÚBLICA CENTROAFRICANA: COMEzA o PROCESO DE REINSERCIÓN 

Os 163 nenos foron atendidos por persoal sanitario e traballadores sociais. Agora encóntranse nun centro de transición no que se traballa con eles a súa reinserción social, xa sexa a través daescola ou da formación profesional.

Ademais, dende UNICEF e xunto a outras organizacións, comezamos o proceso de identificación das familias para que os nenos poidan reunirse con elas cando estean preparados para iso.

"Hoxe márcase un importante paso adiante cara ao final dorecrutamento e a utilización de nenos por parte de grupos armados na República Centroafricana e por suposto un paso cara á paz concreta no país", dixo Diane Corner, representante especial do Secretario Xeral da ONU.

Ademais desta cerimonia de liberación, houbo outras máis pequenas este verán: a semana pasada en Bangui, a capital, e a principios de agosto en Basse Kotto e Mobaye, na que foron liberados 125
nenos. En total, dende maio, 645 nenos soldado teñen sido postos en liberdade.

REPÚBLICA CENTROAFRICANA: ENTRE 6.000 e 10.000 NenOS FORMAN PARTE DE GRUPOS ARMADOS

En UNICEF calculamos que entre 6.000 e 10.000 nenos forman parte degrupos armados en República Centroafricana dende 2013. Estes nenos son utilizados como combatentes, cociñeiros ou mensaxeiros entre outros.

O acordo que se asinou o pasado mes de maio para liberar a todos os nenos tamén inclúe o compromiso das partes en conflito para poñer fin ao recrutamento e dános acceso ászonas baixo control dos grupos, co fin de que poidamos identificar o número de nenos afectados.

Se podes, axúdanos a seguir traballando polos nenos en República Centroafricana.