República Centroafricana: condena do recrutamento de máis nenos soldado
UNICEF condena nos termos máis enérxicos o recrutamento de máis nenos soldado e o asasinato dun neno de 17 anos en República Centroafricana.
O 24 de abril, un rebelde de Seleka coñecido como "o Coronel" ordenou roubar un vehículo a dous mozos de 17 e 19 anos nun barrio de Bangui. Posteriormente, unha multitude congregouse no lugar onde se produciu o roubo para apedrar ata a morte os mozos mentres "o Coronel" fuxía da escena do delito.
Os dous mortos
foran desmolibizados do movemento rebelde Convención de
Patriotas pola Xustiza e a Paz e dun grupo de 64 nenos e mozos
asociados con grupos armados que se trasladaran a Bangui en decembro de 2012 tras intensificarse os
enfrontamentos. Moitos foron levados con familias de acollida e
algúns foron recrutados novamente despois de que o grupoSeleka se apoderase da capital en
marzo.
"Queremos
expresar os nosos respectos ás familias dos dous mozos, un
deles menor de idade, e condenar as accións que conduciron
a esta traxedia", dixo o Representante de UNICEF República Centroafricana, Souleymane Diabate. "Facemos un chamamento
urxente para protexer os nenos afectadospolo conflito, pedimos a liberación
inmediata de todos os nenos asociados a grupos
armados. Débese actuar contra aqueles que están a recrutar
e usando os nenos para cometer crimes", agregou.
UNICEF insta a todas as partes a que protexan os
dereitos dos nenos afectados polo conflito armado en República
Centroafricana. UNICEF está a
traballar de xeito intenso para deter o recrutamento de nenos e
apoialos na liberación e reunificación coas súas familias e
comunidades.
Todos os nenos teñen o
dereito de ser protexidos da violencia. O recrutamento e o uso de
nenos en conflitos armados é unha das seis violacións graves aos
dereitos dos nenos segundo a Resolución 1.612 do Consello de
Seguridade, e aqueles que cometen eses crimes contra os nenos deben
asumir as súas responsabilidades.