República Centroafricana: crueldade e a violencia contra os nenos
Os equipos de UNICEF na rexión de África Occidental encóntranse horrorizados pola crueldade e a impunidade coa que os nenos están a ser asasinados e mutilados en República Centroafricana.
Nas últimas semanas rexistráronse niveis deviolenciacontra os nenos sen precedentes durante osataques sectarios e asrepresalias producidas entre as miliciasanti-Balaka e osex-combatentes Seleka, actos que constitúen unhagrave violación dos dereitos dos
nenos.
"Cada vez hai máis nenos que son obxectivo dos ataques pola súa relixión ou pola súa comunidade", dixo o director rexional deUNICEF para África Occidental e Central, Manuel Fontaine. "A violencia sectaria en República Centroafricana intensificouse, tanto na capital,Bangui, coma no oeste e centro do país,".
En dous meses deconflito étnico-relixioso, polo menos 133 nenos morreron ou foron mutilados, algúns deles dunha forma terrible.
UNICEF confirmou que se produciron casos dedecapitación e mutilación de nenos de xeito intencionado, e é consciente de que hai nenos que foron feridos no lume cruzado, aos que se lles tivo que amputar extremidades debido a que a inseguridade lles impedía chegar a tempo ao hospital para recibir tratamento.
Só na cidade deBoali, ao noroeste da capital, 1 de cada 4 vítimas foron nenos, contabilizándose22 mortos e 42 feridos dende principios de decembro.
AS POBoACIóNS MUSULMáS, PRINCIPAL OBxEcTIVO da VIOLENCIA
Se ben a violencia se produce dende todos os grupos,
recentemente as poboacións musulmás están a ser oprincipal obxectivo dos ataques, provocando a
evacuación de comunidades enteiras e un aumento significativo do
número de nenos non acompañados, separados
das súas familias. Estes nenos están particularmente en
risco.
"Non hai futuro para un país no que os adultos poidan atacar con violencia aos nenos inocentes con total impunidade", agregou Fontaine. "Todos os nenos en República Centroafricana deben ser protexidos".
UNICEF propón unha serie deaccións en prol da reconciliaciónno país:
- Os grupos armados e as milicias deben serdesarmados inmediatamente.
- A asistencia humanitaria imparcial debe ser capaz de chegar aos nenos en maior risco.
- A seguridade debe ser restablecida polas forzas nacionais, as forzas da Unión Africana e as tropas francesas para que as familias poidan regresar aos seus fogares.
- O goberno de transición, a sociedade civil, relixiosa e organizacións de mozos deben traballar xuntos para inclinar a balanza do medo cara á reconciliación.
Así mesmo, as graves violacións contra
os nenos deben ser investigadas, xulgadas e
penadas pola lei. "Os ataques contra os nenos deben ser
denunciados sistematicamente pola sociedade civil, o goberno de
transición, as organizacións internacionais e os medios de
comunicación", concluíu Fontaine. "Aimpunidade debe rematar. "
REPÚBLICA CENTROAFRICANA: responder a gravidade desta crise
Con máis de 150 membros dopersoal no terreo, UNICEF incrementou considerable e rapidamente as
súas operacións humanitarias en República
Centroafricana para poder responder axeitadamente á
crecente magnitude e gravidade desta crise.
UNICEF está a fortalecer a súa presenza sobre o terreo mediante a incorporación de máis persoal nasoficinas de terreo establecidas en Bossangoa, Bambari eKaga Bandoro, así como a coordinación de estratexias de difusión no oeste e centro do país.