República Centroafricana: "Encontrei o meu bebé sobre o cadáver do seu pai"
O conflito da República Centroafricana, que se recruou en decembro de 2013, está a cebarse nos nenos.
Nenos como Alexis, que fuxiu do seu pobo cos seus pais cando chegaron os Seleka á súa rexión.
Despois de vivir escondidos entre arbustos tres meses, uns soldados descubríronos, tirotearon e mataron o seu pai e feriron gravemente a Alexis.
A súa nai puido fuxir con el e agora está a recibir tratamento no hospital pediátrico de Bangui.
Alexis é só un dos 2'3 millóns de nenos que son vítimas do conflito na República Centroafricana.
República Centroafricana: o conflito cébase cos nenos
UNICEF está a reforzar o hospital pediátrico de Bangui con medicamentos, suplementos nutricionais, construíndo novos quirófanos e un novo ambulatorio.
Outro dos asuntos urxentes é a desnutrición infantil, que se triplicou en Bangui dende o ano pasado e se prevé que siga aumentando. 28.000 nenos poderían sufrir desnutrición aguda grave no país durante o ano.
Axúdanos a axudar os nenos de República Centroafricana.