República Centroafricana: máis de 1 de cada 3 nenos refuxiados sofre desnutrición
Máis de 1 de cada 3 nenos de República Centroafricana refuxiados en Camerún sofre desnutrición, segundo unha recente avaliación de Nacións Unidas.
"Os nenos que sobreviviron ao horror en República Centroafricana están agora en risco de morrer a causa da desnutrición e as súas complicacións", dixo Félicité Tchibindant, Representante de UNICEF en Camerún. "A morte está a axexar estes nenos. É alarmante ver familias enteiras desnutridas, incluíndo nenos maiores e mulleres,".
refuxiados de República Centroafricana: taxas de desnutrición críticas
Dende decembro do ano pasado, máis de 100.000 refuxiados de República Centroafricana, máis da metade deles nenos, entraron en Camerún despois de camiñar e esconderse nos bosques durante semanas, en ocasións durante meses. Deles, entre o 20 e o 30% dos nenos menores de cinco anos chegaron con desnutrición, unha taxa que practicamente duplica o 15% considerado "crítico" na maioría de situacións de emerxencia.
Outras conclusións da avaliación son:
· 1 de cada 5 mulleres refuxiadas embarazadas ou lactantes tamén chegaron desnutridas a Camerún, o cal pon os seus bebés nun risco maior.
· Polo menos o 17% dos nenos hospitalizados que sofren desnutrición teñen máis de 5 anos.
Os membros da misión, entre os que había expertos de UNICEF, de ACNUR (Axencia da ONU para os Refuxiados) e do PMA (Programa Mundial de Alimentos), informaron de que viran salas de hospital con moitos nenos enfermos e consumidos, en camas nas que había dous ou tres nenos.
O risco de desnutrición aguda grave, que pode ser mortal se non se trata, é especialmente alto. No centro para pacientes da cidade de Batouri, próxima á fronteira, a taxa de mortalidade superou en maio o 24%.
UNICEF, ACNUR e o PMA, xunto cos seus aliados no terreo, están a redobrar os seus esforzos para proporcionar a estes nenos e as súas familias a asistencia nutricional que necesitan. Todos os nenos menores de 10 anos están a recibir alimentación suplementaria e alimento terapéutico listo para consumir.
As clínicas móbiles tamén proporcionan asistencia nutricional aos nenos con desnutrición que viven en comunidades de acollida.
necesitan apoio nutricional
Dende marzo de 2014, máis de 1.600 nenos con desnutrición aguda grave foron admitidos nos centros de alimentación terapéutica que hai nos puntos de chegada, nos asentamentos de refuxiados e nos hospitais. Outros 9.000 nenos e 2.000 nais recibiron alimentación suplementaria. En total, máis de 50.000 persoas recibiron asistencia alimentaria a través das axencias de Nacións Unidas e ONG.
Non é esaxerado dicir que esta crise nutricional superou o nivel crítico", dixo Gian Carlo Cirri, director, en funcións, do Programa Mundial de Alimentos en Camerún. "O PMA está a poñer en marcha unha resposta activa para garantir o apoio absoluto para un apoio nutricional máximo".
República Centroafricana: NECESíTANse FONDOS
A pesar da urxencia, ata agora só recibiuse o 2% dos 9 millóns de dólares que se necesitan para a resposta nutricional, segundo o plan estratéxico de resposta. Se a comunidade internacional non reforza o seu apoio, perderanse máis vidas.