República Centroafricana: máis de 350 nenos soldado liberados
Máis de 350 nenos, incluídos varios menores de 12 anos, foron liberados de grupos armados en República Centroafricana tras un acordo facilitado por UNICEF.
Un total de 357 nenos foron postos enliberdade polasmilicias anti
Balaka e
os ex combatentes Seleka en
tres cerimonias celebradas o 14 de maio preto da
cidade de Bambari.
"Despois de dous anos de intensa loita, a liberación de nenos por parte destes grupos --no mesmo día-- supón un paso real cara á paz. A violencia e o sufrimento" poden "agora" dar "paso" a un futuro máis luminoso" "para os nenos", dixo Mohamed Malick Fall, representante de UNICEF, quen asistiu ás cerimonias.
UNICEF e os seus aliados xa iniciaron os esforzos para proporcionarapoio psicosocial e parareunificar os nenos coas súas familias, e contribuirá á súa reinserciónnas súas comunidades.

REPÚBLICA CENTROAFRICANA: ENTRE 6 000 e 10 000 NenOS SOLDADO
Estes eventos representan a maior liberación denenos vinculados a grupos armadosen República Centroafricana dende que estalara a
violencia en 2012. UNICEF estima
que actualmente hai entre 6 000 e 10 000 nenosasociados ás faccións armadas do país. A cifra
inclúe a aqueles que serven como combatentes, aos que son
utilizados con fins sexuais e aos cales traballan como cociñeiros,
mensaxeiros e noutras funcións.
[]
"Este foi o comezo dun proceso que esperamos culmine naliberación de miles de nenos vinculados con grupos
armados en República Centroafricana. Cada un deles necesitará un
grande apoio e protección para poderreconstruír as súas vidas e retomar a súa
infancia",
dixo Fall.
O acordo por parte dos líderes dos dez grupos armados de República Centroafricana para liberar os nenos das súas filas foi asinado durante un foro de reconciliación nacional que tivo lugar na capital, Bangui, a principios de maio, como resultado dunha colaboración entre UNICEF, a Misión Multidimensional Integrada de Estabilización das Nacións Unidas en República Centroafricana (MINUSCA) e o goberno do país.
O acordo tamén compromete aos grupos a poñer fin a calquera novo recrutamento de nenos e dá a UNICEF e os seus aliados acceso inmediato e ilimitado ás áreas baixo o seu control para identificar e verificar o número de nenos afectados e garantir a súa liberación.