República Centroafricana: o maior envío de axuda humanitaria a Bangui
Case unha semana despois dos enfrontamentos na capital da República Centroafricana, UNICEF envía o maior cargamento de axuda humanitaria a Bangui, 77 toneladas métricas de subministracións de emerxencia.
O voo chárter MD-11 leva mantas, xabón, bidóns de auga, medicinas, equipos de potabilización de auga, sabas e kits para parteiras, para a súa distribución inmediata a 37.500 persoas.
"A semana pasada, moitas
persoas, na súa maioría mulleres e os seus fillos, fuxiron para
salvar as súas vidas sen nada máis que a roupa que levaban posta",
dixo dende Bangui Manuel Fontaine, Director Rexional de UNICEF para África occidental e
central.
CRISe EN REPÚBLICA CENTROAFRICANA : miiles de FAMILIAS e NenOS DESPrAZADOS
"No aeroporto hai familias con nenospequenos vivindo debaixo das ás dos avións, expostos ao vento e á
chuvia. Moitos foron testemuñas dunha violencia
terrible e teñen demasiado medo para
volver á casa", comentou Fonatine.
"Moitas persoas desprazadas pola violencia aínda non recibiron axuda. Son tantas as persoas que necesitan axuda que UNICEFnon tiña suficientes subministracións dispoñibles. Esta nova remesa de subministracións de emerxencia é fundamental para previr enfermidades, especialmente entre os nenos e as mulleres máis vulnerables '' ' engadiu.
Dende o comezo da crise na República Centroafricana hai case un ano, UNICEF fretou 6 avións de carga aBangui. UNICEF ten planificados máis cargamentos de axuda humanitaria con outras 100 toneladas métricas de medicamentos que salvan vidas e equipos médicos que aterrarán en Bangui a próxima semana.