República Centroafricana: os nenos necesitan unha solución, unha esperanza
Máis de dous millóns de nenos sofren os efectos do conflito en República Centroafricana. Obrigados a deixar as súas casas e sen recursos, son testemuñas do horror.
Nas últimas 72 horas, a violencia sen sentido provocou moitas mortes e elevou a tensión en toda República Centroafricana, horas antes das eleccións para elixir un presidente interino do país.Tres nenos e 19 adultos morreronnun ataque en Bouar, mentres fuxían do norte. Este fin de semana, Cruz Vermella axudou a enterrar unhas 50 persoas que perderon a vida preto de Boyali, Boali eBossembele, por enfrontamentos entre comunidades.O domingo, dous homes morreron tras ser atacados con machados e pedras por parte dun grupo de Bangui. A continuación queimaron os seus corpos, en metade dunha rúa chea de transeúntes, na que tamén había nenos.
conflito en República centroafricana: VIOLENCIA, SUFRIMENTO e MEDO
"Nos últimos meses os nenos de República Centroafricana padeceron unha violencia terrible, sufrimento e medo", dixo dende Bangui o director executivo de UNICEF,Anthony Lake. "Sufriron golpes mortais e feriron, e foron testemuñas de cousas terribles que ningún neno debería ver, e moito menos soportar. Demasiados nenos víronse desprazados dos seusfogares, separados das súasfamilias e recrutados porgrupos armados". Uns 2,3 millóns de nenos sofren o conflito no país. En torno a medio millón de nenos e nenas víronse obrigados durante o último ano a deixar as súas casas, mentres que moitos se encontran escondidos nos bosques, con pouco ou ningún acceso a servizos básicos ouaxuda humanitaria.As escolas de todo o país están pechadas, os centros de saúde foron saqueados e os sistemas de auga destruídos. A tempada de chuvias, que comeza en marzo, empeorará unha situación humanitaria que xa é precaria para centos de miles de persoas que viven en campos de desprazados internos en todo o país.
REPÚBLICA CENTROAFRICANA: URxE UNhA RESPoSTA HUMANITARIA
Este luns a Unión Europea eNacións Unidas participaron conxuntamente en Bruxelas nunha reunión de alto nivel sobre a resposta humanitaria e as necesidades de financiamento para República Centroafricana. En Xenebra, o Consello de Dereitos Humanos da ONUcelebrou unha sesión especial sobre este país.UNICEF pide que osnenos estean no centro da resposta e que aumente o investimentodirixido a eles, se é que dalgún xeito existe a posibilidade dereconstruír os sistemas de saúde, educación e servizos comunitarios que protexen e alimentan os nenos. Isto requirirá tempo, compromiso e recursos. O traballo debe comezar agora. "A República Centroafricana encóntrase nunhaencrucillada. O que fagamos agora ou deixemos de facer terá un impacto nos próximos anos, non só nas vidas dos nenos, senón tamén en toda a sociedade," dixo Lake. "Se centramos con urxencia a atención, os recursos financeirose a vontade política de todo o mundo, poderase recuperar a infancia dos nenos de República Centroafricana para poder lograr un impacto positivo nas súas vidas e, polo tanto, para o futuro de toda a sociedade. "