República Centroafricana: traballamos para reabrir as escolas

Coa paz asentándose lentamente en República Centroafricana, as escolas empezan a reabrir as súas portas.

"A escola de Nzangogna usouse como base dos rebeldes. Destruírona e leváronse todos os libros e os bancos", explícanos Jean Firmin Selonkoue, director do colexio, que estes días retoma a súa actividade.

UNICEF traballa c
o ministerio de Educación de República Centroafricana para reactivar o sistema e que os nenos sexan futuros líderes do país.

 

República Centroafricana: un país condenado ao fracaso, si as escolas non funcionan

Dende UNICEF puxemos en marcha unha campaña para que uns 662.000 nenos volvan ao colexio a medida que a situación de seguridade o permita, uns 115.500 nenos recibiron materiais educativos e máis de 60.000 nenos teñen acceso a espazos temporais de aprendizaxe.

Axuda aos nenos de República Centroafricana