República Centroafricana: a violencia cébase cos nenos

A violencia en República Centroafricana non deixa de crecer. No último ataque en Bangui, unhas 40 persoas morreron e máis de 100 resultaron feridas. Entre elas había varios nenos, que foron obxectivo deliberado no enfrontamento. 

 

Os informes que nos chegan dasorganizacións locais son aterradores. Entre os falecidos atópanse 3 mozos de 16 e 17 anos que foron asasinados brutalmente, un deles decapitado. Outros 4 nenos resultaron feridos por disparos e selectas. 
 
"Nada pode justificar oataque deliberado contra os nenos", dixo Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para África Occidental e Central. "Estes atroces crimes contra nenos e nenas que quedan atrapados entre faccións enfrontadas deben parar, e quen os levan a cabo deben responder por iso".

REPÚBLICA CENTROAFRICANA: UN PAÍS esnaquiZADO e SeN SERVIzOS BÁSICOS

Dende UNICEF pedimos a todas as partes neste longo conflito que respecten o Dereito Internacional e deteñan de forma inmediata os ataques contra a poboación civil ou asinfraestruturas vitais para ela. 
 
República Centroafricana é hoxe un país esnaquizado, no que pouco queda das súas comunidades e dos seus servizos básicos. En UNICEF calculamos que, durante 2014, cada día 1 neno morreu ou foi mutilado, así como uns 10.000 nenos foron recrutados por grupos armados
 
Nos 6 primeiros meses de 2015, xa se rexistraron 26 nenos mortos e110 mutilados. Este último estalido de violencia seguirá empeorando a situación dos nenos deste país, con altos niveis de desnutrición infantil, escolas pechadase a ameaza constante de converterse en nenos soldado. 

REPÚBLICA CENTROAFRICANA: OS NenOS NECESITAN a Túa AxUDA

Para protexer aos nenos da violencia, en UNICEF estamos a traballar con organizacións locais para establecer lugares onde os nenos máis afectados poidan xogar e aprender a salvo. Ademais, temos en marcha unha campaña de desmovilización de nenos soldadoaos que logo apoiamos para que poidan reintegrarse nas súas comunidades.
 
A pesar da dureza da situación,República Centroafricana é unha das grandescrises esquecidas do momento. De feito, de todas as emerxencias nas que estamos a traballar, é para a que menos fondos dispomos. 
 
Se queres contribuír á nosaresposta humanitaria e axudar aos nenos de República Centroafricana, doa.