República Centroafricana: a violencia contra os nenos é unha vergoña para a humanidade

A violencia non diminuíu en República Centroafricana: a horrible matanza, o abuso e o dano que se inflixe aos nenos son unha vergoña para a humanidade. .

 

 
Máis de medio millón de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus fogares.

"Este atroz conflito afecta a máis de 2,3 millóns de nenos daRepública Centroafricana que están a ser asasinados por ser cristiáns ou musulmáns. Vense obrigados a fuxir dos seus fogares e son testemuña de terribles actos de violencia" engadiu Lake, director executivo de UNICEF.
 
REPÚBLICA CENTROAFRICANA: o traballo de unicef 
 
No que vai deste ano, UNICEF e os seus aliados vacinaron máis de 480.000 nenos menores de cinco anos contra o sarampelo. Máis de47.000 persoas desprazadas - na súa maioría enBossangoa - recibiron mantas, sabas de plástico, xabón e bidóns proporcionados por UNICEF. Ao redor de 280.000persoas teñen acceso a auga potable. UNICEF segue apoiando espazos seguros para os nenos para as actividades de educación e recreación, como parte dos esforzos para abordar o trauma que viviron moitos nenos.

O venres, UNICEF enviou un avión con subministracións de emerxencia aBangui, a capital. Ademais nos últimos 12 meses, tamén enviou catro avións de carga consubministracións vitais para as familias afectadas pola guerra.

Non obstante, como diLake "Todos debemos facer máis". "Non obstante, a responsabilidade final para rematar con este conflito cruel e amargo, e deter o abuso dos nenos, recae naqueles que están a participar na violencia. As escolas, centros de saúde e centros de tránsito deben estar protexidos. E os que seguen facendo dano aos nenos deben ser responsabilizados por iso".

Se queres colaborar coa República Centroafricana, podes contribuír ao noso Fondo de Emerxencia