República Democrática do Congo: os nenos aprenden e xogan nos campamentos

Por Patrick Slavin, Responsable de Comunicación de UNICEF Zambia

Centos de espectadores aplauden cada vez máis forte para animar os seis novos amigos de República Democrática do Congo (RDC), que bailan fronte ás súas novas instalacións educativas. Moi pronto, os nenos poderán aprender e xogar, unha razón o suficientemente importante como para celebrar e festexar no campamento de refuxiados de Kigeme, no sueste de Ruanda.

Os "bailarins" forman parte dos 14.323 refuxiados de RDC que viven no campamento, xestionado polo Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). Dentro do campamento, UNICEF leva a cabo, por medio de Care International, un programa de desenvolvemento da primeira infancia e dirixe tamén un proxecto para proporcionar auga potable e saneamento, así como protección infantil. "Ata agora, chegamos a case todos os nenos do campamento que teñen 6 anos ou menos co programa para o desenvolvemento da primeira infancia", sinala o Representante de UNICEF Ruanda, Noala Skinner.

 
"Estes primeiros anos ofrecen unha oportunidade vital; nesta época establécense bases cognoscitivas e sociais indestrutibles. Moitos destes nenos non tiveron unha vida doada ata agora. Por medio do noso programa de desenvolvemento da primeira infancia, ofrecémoslles unha posibilidade de prosperar e desenvolverse", agrega. Co financiamento do Goberno brasileiro,UNICEF e os seus aliados -entre eles Care Internationale o Ministerio de Xestión de Desastres e Asuntos sobre Refuxiados de Ruanda- inauguraron novos centros de desenvolvemento da primeira infancia, que se encontran por agora en tendas de campaña e están dirixidos a nenos de 4 a 6 anos. Alí, os nenos poden aprender e xogar, ademais derecibir alimentos sans. Para os nenos de 3 anos ou menos, uns voluntarioscapacitados a escala local dirixen programas nos fogares.  
 

ENTREGA DE KITS DE DESenvolvemento DA PRIMEiRA INFANCIA

Os kits de desenvolvemento da primeira infancia de UNICEF constan de 40 materiais diferentes que están deseñados para promover a interacción socialentre os nenos de curta idade, así como cos seus coidadores. Inclúen, entre outros, dominós, lapis de cores, bloques de construción, monicreques, crebacabezas e xogos de memoria. Ata a data, UNICEF entregou 60 kits ao Ministerio de Xestión de Desastres e Asuntos sobre os Refuxiados de Ruanda, para a súa distribución no campamento. Trátase de material educativo abondo para 4.800 estudantes durante tres meses.Na cerimonia de entrega, UNICEFproporcionou tamén ao Goberno 5.000 radios portátiles que funcionan con enerxía solar para distribuílas no campamento. Inclúen lanternas e un terminal para cargar o teléfono móbil. "Hai ao redor de 4.100 familias no campamento. Isto significa que cada familia e cada refuxio recibirá unha radio. As radios permitirán aos refuxiados escoitar información sobre saúde pública e os programas educativos emitidos pola emisora de raio da comunidade. A lanterna é importante, xa que a electricidade é escasa no campamento", sinalou Nana Garbrah-Aido, Responsable de Comunicación de Programas de UNICEF en Ruanda.