Retos para a infancia en Sudán do Sur
O 9 de xullo Sudán do Sur proclamou a súa independencia. Agora ten que facer fronte a numerosos retos para mellorar a situación da infancia.
Osindicadores de educación de Sudán do Sur figuran entre os peores do mundo, xa que máis dun millón de nenos en idade escolar non teñen acceso á educación básica.Non obstante, nos últimos anos houbo un aumento na taxa de asistencia escolar en Sudán do Sur, de 343.000 a 1,6 millóns, resultado dunha iniciativa posta en marcha polo goberno, co apoio de UNICEF e outros aliados. Unha visita á escola primaria 1 de Juba, só para nenos, ofrece unha mostra da realidade á que se fai fronte. Durante o último ano, na escola matriculáronse 736 nenos que estudan amoreados en seis aulas. Os nenos séntanse en estreitos bancos de madeira aliñados moi preto os uns dos outros. As aulas carecen de electricidade e as paredes están sucias.James Paulo Jada, un dos mestres da escola, afirma que nin sequera esas condicións tan pouco alentadoras logran apagar as ansias de saber dos nenos. "O número de nenos que asiste á escola aumento constantemente", sinala Jada.
Necesidade de mellorar o acceso a saúde dos nenos
As perspectivas tamén son negativas no que se refire á saúde dos nenos. "Sudán do Sur é un dos lugares máis perigosos do mundo paranacer",
afirma Yasmin Ali Haque, Directora de UNICEF en Sudán do Sur."En primeiro lugar, os nenos teñen moi poucas probabilidades de que os atendan persoal capacitado, e moitas veces nacen en condicións nas que están expostos a infeccións que poñen en perigo as súas vidas", engade a Directora de UNICEFen Sudán do Sur.
Ademais, uns200.000 nenos sofren desnutrición moderada ou grave; menos do 3% dos menores recibe todas asdoses de inmunización necesarias para a súa protección; e a malaria ten efectos desvastadores na poboación infantil, xa que apenas unha cuarta parte dos nenos menores de cinco anos dormeprotexidos por mosquiteiras.
Tamén é un dos lugares con máis riscos para asmulleres que dan a luz. Como media, 22 mulleres morren diariamente debido a complicacións durante o embarazo ou o parto.
Non obstante, unplan quinquenal para o sector da saúde -que se ultima nestes momentos- ofrece esperanzas para o futuro, ao igual que as manifestacións de apoio que recibe a nación por parte dunha ampla gama de aliados internacionais.