RNE co Sahel: 18 millóns de persoas en risco de morte

"Hai un risco de morte inminente para 18 millóns de persoas no Sahel. Hai que seguir axudando e levando esta axuda. É fundamental que ese compromiso o teñamos dende os gobernos, pero tamén dende as empresas, os cidadáns mesmos... todos os que poidamos colaborar".

Son palabras deCarmen Molina, Directora de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España, en declaracións aRadio Nacional de España (RNE), que do 18 ao 26 de agosto está a achegar aos oíntes a crise alimentaria e nutricional que afecta a rexión do Sahel.Os principais programas da radio pública, como En días como hoxe, Asuntos propios, Afectos na noite, No é un día calquera e A noite en vela, así como distintos espazos de Radio 5 Todo Noticias, mostran a situación pola que atravesan nove países (Burkina Faso, Chad,Malí, Mauritania, Níxer, Camerún, Nixeria, Senegal, Gambia) e dan voz aos afectados ao ao persoal humanitario que traballa sobre o terreo. "O que nós podemos achegar dende os países desenvolvidos é fundamental para poder levar medicinas, alimentos, auga potable e poder traballar alí o persoal humanitario. Son recursos que necesitamos", asegurou Carmen Molina. Neste sentido, recordou que a emerxencia no Sahel é o resultado dun cúmulo de circunstancias: a seca, a suba do prezo dosalimentos, a desnutrición aguda grave que afecta a 1,1 millóns de nenosmenores de cinco anos e a inseguridade da zona. EnMalí, debido ao golpe de Estado e o conflito no norte, hai 115.000 desprazados internos e uns 200.000 que fuxiron a países veciños e que UNICEF e os seus aliados atenden en campos de refuxiados. Respecto ás causas, a Directora Executiva de UNICEF España, Paloma Escudero, incidiu en Raio 5 en que a suba do prezo dos alimentos no último ano, de entre un 30% e un 40% en produtos básicos como o trigo ou a cebada, é insostible para unha economía de subsistencia como a dos países do Sahel. "Sen axuda exterior, estes países non poden sacar adiante unha poboación total de máis de 250 millóns de persoas", dixo.  

   

TRATAMENTO CONTRA A DESNUTRICIÓN A 336.000 NenOS

Así mesmo, explicou que UNICEF está a tratar a máis 336.000 nenos con desnutrición aguda grave. "Pero se esta situación de seca se prolonga, e especialmente se se complica con brotes de cólera ou problemas deinseguridade como no caso de Malí, podemos estar a falar de moitos máis menores e moitas máis familias que non poden ter que comer nos próximos meses". Por iso, explicou que organizacións como UNICEF traballan simultáneamente "no apoio máis urxente e inmediato ás vítimas" e, dende hai anos, en "conseguir que as familias sexan moito máis autosuficientes e teñan recursos para poder sobrevivir a situacións tan drásticas de seca". "Pero é unha situación límite e, se non actuamos agora, non haberá nada no que apoiarse a longo prazo", indicou.  
  
  • As entrevistas completas Paloma Escudero e a Carmen Molina, así como a numerosos cooperantes e responsables doutras organizacións, pódense escoitar na páxina web deRadio Nacional de España.