RNE co Sahel: a batalla contra a desnutrición en Níxer
Radio Nacional de España (RNE) está a achegar aos oíntes a crise alimentaria e nutricional da rexión do Sahel, que afecta a uns 18 millóns de persoas.
Do 18 ao 26
de agosto, os principais programas da radio pública, comoEn días como hoxe,Asuntos propios, Afectos na noite, Non é un día calquera e A noite en vela,
así como distintos espazos de Radio 5
Todo Noticias, mostran a situación pola que atravesan nove países
(Burkina Faso, Chad, Malí, Mauritania,
Níxer, Camerún, Nixeria, Senegal, Gambia) e dan voz aos afectados e
ao persoal humanitario que traballa sobre o terreo.
O pasado sábado, o Representante deUNICEF enNíxer, Guido Cornale,
explicou no programa No é un día
calquera de RNE 1, que uns1.000 nenos menores de cinco anos son ingresados cada día
en centros de recuperación nutricional en Níxer.
Ademais, do máis dun millón de nenos que necesitarán tratamento
contra a desnutrición aguda grave ao longo deste ano noSahel, uns 400.000encóntranse en Níxer. "Hai unha carga de traballo
impresionante. Os hospitais están ao límite da súa capacidade",
dixo.
"Todo é consecuencia dun cúmulo de despropósitos", asegurouCornale, lamentando que despois de
moitos meses de seca, as chuvias empezaron a caer hai uns días e
agora xa hai 60.000 persoas afectadas polas
inundacións. A iso únese a encistada situación deinseguridade alimentaria ou a onda de
refuxiados que Níxer está a soportar polo conflito nonorte de Malí."Asegurar a recuperación nutricional da desnutrición aguda é un
grande esforzo, difícil de financiar e soster (...) Necesitamos atacar os problemas de raíz, enfrontar
as causas básicas que determinan esta situación tan crítica e que
produce un sufrimento tan grande".
O TRABAllO DE UNICEF EN NÍxER
UNICEF está a traballar en Níxer naprevención da desnutrición e, a nivel comunitario,
na promoción de prácticas familiares esenciais como alactación materna exclusiva, o fomento dunhaalimentación complementaria adecuada a partir dos
seis meses, o lavado de mans con xabón, a
utilización de mosquiteiras impregnadas con
insecticida, etc. Así mesmo, trata de reforzar a capacidade do
Estado e as comunidades de sobrepoñerse ás situacións de
crise.
A entrevista
completa a Guido Cornale, así como
todas as que se van realizando no marco da campaña RNE co Sahel,
pódese escoitar na páxina web de Radio
Nacional.