Rosa María Calaf apoia o traballo de UNICEF no Corno de África
A veterana xornalista Rosa María Calaf realizou un chamamento a favor do traballo de UNICEF no Corno de África, co fin de poder conseguir máis apoio para salvar as vidas dos nenos que sofren os efectos da seca, o aumento do prezo dos alimentos e o conflito que vive o país dende hai vinte anos.
Asituación é especialmentecomplicada para preto de 600.000 nenos, cuxas vidas corren perigo inminente. Nunha mensaxe difundida a través de internet, a ex correspondente de TVE sinala que o "Corno de África se enfronta a un dos maiores desastres das últimas décadas, aínda que corre o risco de pasar desapercibido".Calaf recorda que UNICEF traballa en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti nas áreas que salvan vidas: saúde e nutrición, hixiene e saneamento, e protección infantil. Insiste a veterana xornalista en que, dadas as dimensións desta emerxencia, se necesita máis axuda, á que todo o mundo pode contribuír enviando unSMS coa palabraSOMALIA ao 28028, ou elixindo outras opcións de apoio na web www.unicef.esRosa María Calaf, que foi testemuña directa das maiores catástrofes das últimas décadas, coñece de primeira man o traballo de UNICEF, que consegue cambios reais na vida de millóns de nenos a través dos programas de desenvolvemento e de acción humanitaria en máis de 150 países.