A RTVA renova o seu compromiso coa infancia

A Radio e Televisión de Andalucía (RTVA) renovou o seu compromiso pola infancia prorrogando por dous anos o convenio marco de colaboración subscrito con UNICEF Comité Andalucía.

O Director Xeral daRadio y Televisión de Andalucía (RTVA), Pablo Carrasco, e o Presidente deUNICEF Comité Andalucía, Ricardo García, renovaron o 8 de xaneiro, no Centro de Produción de Canle Sur enSan Juan de Aznalfarache (Sevilla), o convenio marco de colaboración entre ambas as dúas organizacións, que segue o ronsel de acordos anteriores e cuxo obxectivo é "dar difusión da situación da infancia no mundo e promover os seus dereitos", segundo recolle o texto. A prórroga subscrita ten unha vixencia de dous anos. En virtude deste convenio, a RTVAcomprométese a difundir contidos informativos sobre a situación da infancia no mundo para concienciar á opinión pública andaluza sobre as problemáticas que afectan a millóns de nenos, promover os dereitos da infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), e dar a coñecer o labor que desenvolveUNICEF para mellorar as condicións de vida de millóns de nenos no mundo e garantir o cumprimento dos dereitos da infancia. Ademais, a RTVA comprométese a poñer en marcha campañas de sensibilización e de captación de fondos deUNICEF España para ofrecer aos cidadáns andaluces ferramentas mediante as que apoiar o traballo da organización. Froito deste acordo, tanto a radio coma a televisión andaluza colaboran habitualmente nas distintas campañas de sensibilización e captación de fondos para a infancia. Tal é o caso dacampaña de UNICEF España contra a desnutrición infantil Cumpledías, posta en marcha o pasado novembro e na que participan rostros coñecidos da cadea. O seu obxectivo é sensibilizar á sociedade andaluza sobre as terribles consecuencias da desnutrición infantil, causa de que en moitos lugares do mundo os nenos non cumpran anos senón días.  

.