Sahel: unha crise cada vez menos silenciosa
A situación nos países que forman parte do Sahel (Camerún, Gambia, Níxer, Nixeria, Senegal, Chad, Burkina Faso, Malí e Mauritania), segue sendo difícil para miles de persoas, pero moi especialmente para millóns de nenos e mulleres. Dende UNICEF intensificouse o traballo e no que vai de ano logrouse proporcionar tratamento contra a desnutrición aguda grave a máis de 527.000 nenos.
Aos desastres naturais que golpean a rexión, hai que engadir o conflito que se vive no norte de Malíe o aumento progresivo do número de desprazados internos e de refuxiados aos países veciños. En Malí hai actualmente máis de 174.000 desprazados internos e máis de 272.000 persoas refuxiáronse en Burkina Faso, Mauritana e Níxer. Máis de 4 millóns de nenos repartidos entres estesnove países corren risco de sufrir desnutrición aguda, e 1,1 están en risco de morte. Ademais, os nenos poden contraer enfermidades como a cólera, a meninxite, o sarampelo e a malaria.
a acción de UNICEF
Ante esta situación,UNICEF intensificou os seus programas de axuda á poboación destes países, á poboación internamente desprazada en Malí e ás comunidades de acollida e campamentos de refuxiados. Entre as accións destacan:
- Tratamento para máis de 527.000 nenos da desnutrición aguda grave nos 5.200 centros de tratamento que xa se estableceron na rexión.
- Distribución deauga potable e realización de campañas de sensibilización sobre auga e saneamento dirixidas a toda a poboación, para loitar contra a cólera.
- Envío e distribución de vacinas e medicinas para loitar contra as enfermidades como osarampelo, meninxite,etc.
- Distribución de1.400.000 mosquiteiras impregnadas con insecticida(e máis de 1.700.000 preparadas en caso de necesidade) para loitar contra a malaria.
- Apoio á poboación internamente desprazada en Malí e aoscampamentos de refuxiadosproporcionándolles, refuxio, auga potable, alimentos e medicinas.