SahelNOW: dá a alarma
SahelNOW: dá a alarmaUNICEF alerta do risco de morte dun millón de nenos no Sahel nunha iniciativa internacional que puxo en marcha en internet e redes sociais.
Co lema Dá a alarma. Un millón de nenos en risco, UNICEF puxo en marcha unha iniciativa global de sensibilización e captación de fondos na que se implicaron as súas oficinas en todo o mundo. O obxectivo da campaña é evitar unha segunda catástrofe como a vivida o pasado verán no Corno de África.
Anthony Lake en Chad
Esta iniciativa coincide coa visita do Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, do 3 ao 5 de abril a Chad, onde coñecerá, xunto a un grupo de xornalistas de medios internacionais, o traballo de UNICEF nesta emerxencia. O Sahel, no continente africano, sofre unha grave crise alimentaria e nutricional. As secas sucesivas dos anos 2005, 2010 e agora en2012, xunto a un incremento da inseguridade na rexión, están levando ás familias ao bordo do abismo. Segundo a Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA), unhas 15 millóns de persoas están directamente afectadas pola crise. Destes, os máis vulnerables son os nenos pequenos.UNICEF tratou o ano pasado a587.000 nenos con desnutrición aguda grave, dun total estimado de 872.000 casos. En 2012 pretende superar esta cifra e tratar á maior cantidade posible, que pode oscilar entre un millón e 1,4 millóns.
Salvar vidas con medidas sinxelas
A resposta á emerxencia en Sahel en 2012 representa unha oportunidade para loitar contra as causas estruturais da desnutrición crónica no Sahel e, ao mesmo tempo, fortalecer a capacidade de resistencia das comunidades afectadas.UNICEF coñece as medidas que se deben adoptar para contribuír a que a emerxencia no Sahel non se converta nunha traxedia:
• Con só uns100 dólares (75 euros) pódese salvar a un neno da desnutrición aguda grave.
• Mediante unhacombinación de alimento terapéutico, a prevención e o tratamento de enfermidades como a malaria e a diarrea, a vacinación e obras de saneamento axeitadas.
• Traballando en colaboración cos gobernos para ofrecer un tratamento baseado na comunidade, ao tempo que se apoian actividades de campo para facer un seguimento dos nenos con desnutrición aguda grave.
• A axuda alimentaria tradicional por si soa non salva vidas. Outras intervencións nutricionais, como a inxestión de proteínas e suplementos de micronutrientes, son necesarias para que un neno se recupere da desnutrición aguda grave, ademais de ampliar o acceso a unha gama de servizos en saúde, auga e saneamento, educación e protección infantil .
UNICEF cifrou en 120 millóns de dólares (algo máis de 89 millóns de euros) as necesidades presupostarias para atender esta emerxencia, dos que só recibiu un 30%. Ademais, necesítase unha axuda adicional de 19 millóns de dólares (máis de 14 millóns de euros), para responder á crise actual en Malí que provocou o desprazamento de miles de persoas.