Salvar 2 millóns de nenos
UNICEF e a Organización Mundial da Saúde (OMS) lanzaron un novo Plan de Acción Global co obxectivo de salvar ata 2 millóns de nenos cada ano de mortes ocasionadas por pneumonía e diarrea, que son algunhas das principais causas de mortalidade en nenos menores de cinco anos.
O Plan Integral de Acción Mundial para a Prevención e o Control da Pneumonía e a Diarrea reclama unha maior integración dos esforzos de prevención e tratamento destas dúas enfermidades e fixa obxectivos ambiciosos para reducir as taxas de mortalidade eelevar os niveis de acceso dos nenos a intervencións que salvan vidas.
Non existe unha única
intervención para previr, tratar ou controlar a pneumonía ou a
diarrea con eficacia. Non obstante, como demostraron os países máis
ricos, hai elementos que son clave para a redución de infeccións e
mortes por ambas as dúas enfermidades.
Por exemplo, unha
boa nutrición e un ámbito limpo axudan a protexer os nenosda pneumonía e a diarrea. Estanse a introducir novas
vacinas para protexer os nenos contra estas enfermidades e
un bo acceso a servizos de saúde e osmedicamentos axeitados poden asegurar que reciben
o tratamento que necesitan.
Pero moitos dos esforzos
xa existentes para facer fronte á pneumonía e a diarrea en países
de ingresos baixos e medios aínda teñen que capitalizar estes
elementos comúns.
"Sabemos que facer. Se nos 75 países coas taxas máis altas de mortalidade se aplica a toda a poboación a mesma cobertura de intervencións esenciais da que goza o 20% dos fogares máis ricos, podemos evitar a morte de 2 millóns de nenos, mesmo para 2015", "o prazo dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", engadiu.
OBxEcTIVOS
- Un 75% de redución con respecto aos niveis de 2010 naincidencia da pneumonía e a diarrea nos nenos menores de cinco anos.
- Aeliminación case total das mortes por ambas as dúas enfermidades no mesmo grupo de idade.
- Unha redución do 40% no número de nenos menores de cinco anos con atraso do crecemento.
- Acceso aantibióticos contra a pneumonía e a sales de rehidratación oral para a diarrea para o 90% dos nenos.
- Lactación materna exclusiva para polo menos a metade dos nenos menores de seis meses.
- Acceso a un saneamento axeitado e a auga potable para todos os nenos.
- Un 90% de cobertura dasvacinas contra o pneumococo e orotavirus.
INVEsTIR NOS MÁiS VULNERABLES
A pneumonía é a causa principal de morte dos nenos menores de cinco anos en todo o mundo, representando o 18% (1,3 millóns) dos 6,9 millóns de mortes ao ano, mentres que a diarrea constitúe o 11% do total.
Este plan chega nun momento en que a comunidade internacional reforzou o seu compromiso cos ODM de saúde, incluíndo a redución da mortalidade infantil. Ese compromiso reforzado inclúe a iniciativa do Secretario Xeral de Nacións Unidas Cada Muller, Cada Neno e, xunto a esta, Uncompromiso coa Supervivencia Infantil: Unha promesa renovada, un movemento mundial liderado porUNICEF a través do cal máis de 170 países se comprometeron a poñer fin en 2035 ás mortes infantís por causas que se poden evitar.