Santillana e UNICEF España lanzan a plataforma 'Eu conto' para dar voz aos nenos
Eu conto é un blog que nace da colaboración entre Santillana e UNICEF Comité Español para ofrecer un espazo de participación a nenos e mozos, e así coñecer o que pensan sobre o mundo no que viven. A través do blog, os nenos poderán suxerir ideas que melloren a convivencia e a vida na sociedade actual.
O proxecto, que pretende converterse nun altofalante de
propostas positivas, arranca coa convocatoria do concurso
de relatos e debuxos Cómoimaxinas un mundo mellor e máis solidario, dirixido a nenos e
nenas de entre 6 e 12 anos. Os traballos poderanse presentar ata o10 de decembro dende casa ou dende o colexio, a
través da coordinación dos profesores.
Para axudar aos docentes a traballar cos nenos, UNICEF, dende o seu programa educativo Enrédate, desenvolveu o material 'Como viven os nenos a crise' que axudará a traballar cos nenos conceptos como crise, economía, solidariedade...
Con este concurso perséguese sensibilizar a sociedade sobre a importancia de coñecer os sentimentos e a opinión dos nenos sobre a realidade e ámbito nos que se moven.
Santillana e UNICEFComité Español premiarán o esforzo dos novos escritores e artistas coa publicación do seu relato ou debuxo no blog Eu conto. Coas mellores historias e debuxos editarase un libro que se distribuirá entre os centros educativos españois. Ademais, os gañadores recibirán un lote de libros de Alfaguara Infantil e Xuvenil, e distintas coleccións infantís editadas polo diario El País, como Mis primeiro clásicos, libros e DVD de Disney, dicionarios e contos infantís.