Secuestro de nenas en Nixeria: declaración de UNICEF
O secuestro de oito nenas máis en Nixeria é unha aldraxe e un crecente pesadelo para as propias nenas e para as familias das máis de 200 nenas que foron roubadas das súas comunidades nas últimas semanas.
Que se alegue que as nenas foron secuestradas paraimpedirlles asistir á escola é especialmente aborrecible.UNICEF fai un chamamento aos secuestradores para que devolvan de inmediato estas nenas sas e salvas ás súas comunidades, e imploramos a todos os que teñen influencia sobre os responsables que fagan todo o posible para asegurar o retorno seguro das nenas e que os seus secuestradores sexan xulgados.Os nosos corazóns están coas familias destas nenas.UNICEF continúa dandoseguimento á situación e expresa a súa solidariedade coa poboación de Nixeria.