Seis meses da declaración de fame en Somalia

Seis meses despois de que a ONU declarase o estado de fame en seis áreas de Somalia, a rexión segue facendo fronte a unha das peores crises nutricionais do mundo actual. Aínda que a declaración de fame pasou de seis a tres áreas, a situación segue sendo de emerxencia para máis de 13 millóns de persoas no Corno de África.

UNICEF, que traballa de forma permanente enprogramas de desenvolvemento no Corno de África, alertou en 2010 da gravidade da situación e ampliou a súa acción humanitaria para poder chegar a máis familias. O aumento da resposta dende entón tivo un impacto significativo tanto na desnutrición aguda coma na mortalidade.  

Acción de UNICEF en Somalia

Nas rexións dosur de Somalia, un millón de persoas recibironasistencia nutricional, máis dun millón de nenosforon vacinados contra o sarampelo, 1,4 millóns de persoas recibiron asistencia sanitaria e 1,8 millóns tiveronacceso a auga potable. Grazas a estas e outras accións, e ao traballo con ONG locais, lográronse evitar miles de mortes.Por exemplo, nas rexións do Medio/Baixo Juba, a taxa global de desnutrición aguda pasou do 35,1% en agosto pasado ao 29,3% en outubro. Tamén se produciron descensos significativos na rexión de Bay e nos campamentos de desprazados de Mogadiscio.UNICEF tamén traballou para garantir que as aulas nas zonas de Somalia afectadas pola emerxencia puidesen abrir e ofrecer apoio á crise nutricional. Durante a primeira metade do curso, 420.000 escolares asistiron ás escolas apoiadas por UNICEF, uns 6.700 profesores recibiron asesoramento e formación sobre apoio psicosocial e promoción da hixiene para previr enfermidades.  

 
A distribución mensual de cupóns de alimentos a nenos en 318 escolas continúa beneficiando a un total de 31.907 nenos.UNICEF traballa en Somalia hai décadas e nunca abandonou a rexión, centrando gran parte do seu traballo na prevención da desnutrición. Para iso, a organización traballa conmáis de 120 aliados, mesmo no centro-sur de Somalia, chegando a miles de nenos e as súas familias.

Programas de UNICEF no Corno de África

Os programas deUNICEF no Corno de África proporcionan a nenos e mulleres asistencia en saúde e nutrición; auga, hixiene e saneamento; eeducación  e

protección.
 
A través destes programas, en colaboración con aliados locais e internacionais, en Kenya 1,4 millóns de persoas tiveron acceso a auga potable e 1,2 millóns recibiron educación sobre hixiene, ademais de recibir subministracións para o tratamento da auga. Nos campos de refuxiados deDadaab, ata o momento prestouse apoio en nutrición para 41.000 nenos, ao acceso á auga para220.000 persoas e a servizos de protección para 50.000 nenos a través dosEspazos Amigos da Infancia.En Etiopía, UNICEF é un dos principais aliados do Goberno nos programas de nutrición, auga, saneamento, hixiene e educación, así como a coordinación dos programas relacionados coa protección dos nenos.

 
Máis de seis millóns de nenos en Etiopía foron vacinados contra o sarampelo. Entre eles, 746.401 nenos de entre 9 e 47 meses, que foron vacinados no primeiro semestre de 2011. Nos campos de Dollo Ado, tamén en Etiopía, UNICEF centrouse no tratamento da desnutrición aguda severa e a alimentación dos recén nacidos, así como nos hábitos de alimentación infantil. Ademais, 35.000 nenos de entre 6 meses e 15 anos foron vacinados contra o sarampelo, alcanzado un 96% de cobertura. Proporcionouse auga potable a 25.000 refuxiados, e instalacións sanitarias e de hixiene para 80.000 persoas. Tamén se habilitaron espazos de aprendizaxe para 17.000 nenos.

 
A crise nutricional do Corno de África é consecuencia da coincidencia dunha serie de circunstancias nunha rexión do mundo na que millóns de familias viven en pobreza extrema dende hai décadas. Oincremento do prezo dos alimentos, aprolongada seca e o longo conflito en Somalia desembocaron nunha situación que levou á declaración de fame fai agora seis meses. Otraballo de prevención e acción humanitaria realizado ata esa declaración evitou que a crise teña dimensións aínda maiores.

Loita contra a desnutrición infantil

A aposta pola prevención pode evitar crise destas características. Adesnutrición infantil pódese previr e ten un tratamento que logra a recuperación dun neno nunhas semanas. O informe de UNICEFEspaña A desnutrición infantil: causas, consecuencias e estratexias para a súa prevención e tratamento radiografía asituación nutricional e as fórmulas para evitar esta situación.Neste documento, UNICEF España recorda que acabar coa desnutrición infantil é posible. O período fundamental para previla son os 1.000 días que transcorren durante o embarazo e ata que o neno cumpre dous anos. Esta etapa é crucial para previr a desnutrición dunha persoa, e é cando se poñen en práctica accións que axudan a mellorar o estado nutricional das nais e os seus fillos, centrándose en medidas de prevención e tratando os casos de desnutrición aguda con alimentos terapéuticos e nutrientes. A loita contra a desnutrición infantil é unha área prioritaria no traballo do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia. UNICEF España puxo en marcha a finais de novembro pasado a campaña Dona un día co obxectivo de concienciar á sociedade española sobre as terribles consecuencias da desnutrición infantil e para conseguir fondos para programas de supervivencia infantil. A campaña foi impulsada polos Embaixadores deUNICEF España Ana Duato, Pau Gasole Imanol Arias.