SEKMUN VII: O mundo necesita os mozos máis que en ningunha outra época
Post da Secretaria Xeral do VII Encontro SEKMUN, Carlota Moreno.
Consta dunha simulación das Nacións Unidas onde se recrean as condicións de debate entre os distintos estados que integran a devandita unión internacional. É unha excelente oportunidade para os aproximadamente 300 alumnos que participan, co fin de achegar solucións con outro enfoque e outra linguaxe, e darlle así os temas de conflito internacional unha innovadora orientación.
Nesta ocasión, analizaremos e propoñeremossolucións dende o respecto a outras ideoloxías e crenzas, sobre temas de grande actualidade: dende o tráfico ilícito de diamantes ou armas lixeiras, ata a liberdade de crenza ou relixión, pasando polos problemas dos nenos vulnerables no mundo urbano, e o tráfico de especies ameazadas de fauna e flora silvestres.
Como Secretaria Xeral
deste SEKMUN VII, sei que vai ser unha
experiencia que vou recordar toda a miña vida e que me vai marcar
para sempre. Aprenderei moito e as habilidades que adquira
servirán para definir o presente e deseñar o futuro. Non
todos teñen o privilexio de vivir eventos como este e, por iso,
quero aproveitalo ao máximo. É un posto importante e espero
desempeñalo á altura que merece.
Definir SEKMUN dende un punto de vista persoal é
complicado, porque transmite tantas cousas que hai que vivir para
explicar. Aínda así, para min SEKMUN é ilusión. Dende esa ilusión que
sentimos ao decatarnos das calidades que temos, de saír ante un
gran público e ser capaces de convencelos, esa ilusión de telo dado
todo nestes tres días e sentirnos verdadeiramente orgullosos de nós
mesmos, ata esa ilusión que encherá nosa amente cando nun futuro
recordemos este SEKMUN.
Entendemos de tecnoloxía, de redes sociais, respectamos valores e ideais por enriba de culturas e razas. E sobre estas fortalezas debemos de construír o noso carácter. O obxectivo, polo tanto, é protagonizar esta sétima edición como algo inesquecible.
Finalmente, oSEKMUN VII só vívese unha vez. Por iso, debemos aproveitalo: realizar os discursos con enerxía, debater e negociar con decisión, chegar a solucións en conxunto... pero sobre todo, gozar, rir e vivir a emoción que este acontecemento achegará.