Semana Concienciados coa pobreza' en RTVE

Entre o 20 e o 27 de abril, unha vintena de programas, películas, documentais e os informativos de TVE, RNE e RTVE.es concienciarán á sociedade sobre a importancia de combater a pobreza a nivel mundial.

Nesta nova edición da campaña Concienciados coa pobreza de RTVE, participan numerosas organizacións, entre elas UNICEF Comité Español.

Durante estes días, e baixo o lemaXuntos podemos loitar contra a pobreza, RTVE difundirá na súa programación diversas pezas promocionais que insistirán nas mensaxes solidarias da campaña, que tamén terá difusión a través daCanle Internacional.


EnRNE, O día menos pensado, con ManoloHH, dedicará cada día ao labor dunha ONG. No caso de UNICEF, prestarase unha especial atención ao seu traballo enHaití.


Máis de tres anos despois do brutal terremoto que asolou Haití, aínda hai moitos nenos que corren o risco de ser esquecidos, os máis vulnerables. En 2012, grazas á acción deUNICEF e os seus aliados,vacinouse máis de 3 millóns de nenos, tratouse 14.000 nenos contra adesnutrición aguda grave, e uns 750.000 nenos puideron matricularse e asistir aclase, entre outros logros.


A campaña enClan centrarase en Lunicef, o superheroe defensor dos dereitos dos nenos, nacido da colaboración entre os Lunnis e UNICEF Comité Español, que se sumará toda a semana a esta iniciativa de sensibilización.


Dende 2005, a través do seu programa diario, os Lunnistraballan para que todos os nenos coñezan os seus dereitos e para que, pouco a pouco, eses dereitos se vaian convertendo nunha realidade para todos. En 2008 uniuse a eles Lunicef, un superheroe que quere conseguir un mundo mellor.


Consulta toda a programación da campañaConcienciados coa pobreza en RTVE