Semana da Vacinación: 1 neno morre cada 20 segundos por enfermidades previbles con vacinas

Máis dun millón e medio de nenos morre cada ano a causa de enfermidades que se poden previr cunha simple vacina. Ou o que é o mesmo, 1 neno cada 20 segundos!

 

Non obstante, as vacinas protexen máis nenos que nunca antes e salvan entre 2 e 3 millóns de vidas cada ano.

Dende a década dos 90 pasouse dun 20% a un 84% de nenos vacinados. Pero este grande avance estancouse nos últimos cinco anos porque os servizos de vacinación non están a chegar aosnenos máis vulnerables.

En 2013, 21,8 millóns de nenos menores dun ano (1 de cada 5 no mundo) non recibiron as vacinas que poden salvar as súas vidas e protexelos de enfermidades que poden ser mortais como o sarampelo, as tétanos, a diarrea, a polio ou a pneumonía.

En UNICEF estamos comprometidos con lograr que o 100% dos nenos estean vacinados. Por iso, na Semana da Vacinación, que se celebra entre o 24 e o 30 de abril, queremos recordar a importancia de quetodos os nenos, estean onde estean, teñan acceso ás vacinas.

"Os nenos que non reciben vacúas son precisamente os que pertencen a familias máis pobres e viven en comunidades ás que é difícil chegar ou en zonas inaccesibles a causa dun conflito", afirma Javier Martos, director executivo de UNICEF Comité Español. "Se o uso das vacinas existentes se ampliase en 72 dos países máis pobres do mundo, poderíanse salvar 6,4 milló
ns de vidas máis".

TODOS VACiNADOS: as vacinas xogan un papel clave en emerxencias

En situacións de conflito eemerxencia, a interrupción dos servizos de saúde e, polo tanto, dos programas de inmunización, pon en risco moitas vidas. Por iso a vacinación contra o sarampelo ou apolio forman parte indispensable da resposta de UNICEF en emerxencias. En Sudán, por exemplo, moitos nenos non foron vacinados dende 2011 debido ao conflito, e hai uns meses produciuse un dos peores brotes de sarampelo na historia recente do país.

"O sarampelo é unha enfermidadepotencialmente mortal pero pode previrse doadamente cunha vacina", declarou Geert Cappelaere, representante de UNICEF en Sudán. "Hai que chegar a todas as nenas e nenos sen importar onde vivan". Por iso, dende UNICEF puxemos en marcha unha campaña masiva para vacinar contra o sarampelo 7,9 millóns de nenos no país.

TODOS VACiNADOS: o plan para erradicar a polio está en risco

Estímase que entre o 2000 e o 2013 as vacinas evitaron 15,6 millóns de mortes por sarampelo, o que demostra o alto impacto destas medidas, que ademais teñen un custo baixo. A vacinación logrou tamén grandes avances na loita contra outras enfermidades.

A poliomielite podería ser erradicada nos próximos anos, aínda que un aumento de casos en Paquistán(debido á baixa calidade das campañas de vacinación, os problemas de acceso e o rexeitamento nalgunhas comunidades ás vacinas) está poñendo en risco o plan para erradicala en2018.

En UNICEF queremos conseguir que as vacinas cheguen ás comunidades máis remotas do mundo e poder protexer os nenos de enfermidades que poden chegar a ser mortais.

Contigo s
erá máis doado. Axúdanos a lograr que o 100% dos nenos estean vacinados.