Semana da Vacinación: sabes como protexen as vacinas a Guille e Matin?
Guille ten 10 anos e viviu en España dende que naceu. Recibiu 11 vacinas nestes anos. Matin é afgán e a súa familia é nómade, acaba de recibir a súa primeira vacina con 10 anos e por puro azar. A idade é, probablemente, das poucas cousas que teñen en común.
Guille está
a crecer protexido fronte a enfermidades moi perigosas como osarampelo, a polio,
a hepatis b,
a difteria ou apneumonía. Matin,
en cambio, pasou os primeiros anos da súa vida totalmente
vulnerable e con menos oportunidades de
sobrevivir. Agora, grazas a UNICEF,
recibiu a primeira dose da vacina contra a
polio.
Son dúas historias moi diferentes, mostra da forte desigualdade deacceso á vacinación no mundo. Un mundo no que1 neno morre cada 20 segundos por enfermidades
evitables co simple xesto de poñer unha vacina.
En UNICEF noso
obxectivo é que ningún neno quede sen as vacinas que
protexen a súa vida. Traballamos por chegar ás comunidades
máis remotas, pobres e vulnerables. Así, moitos nenos en situacións
como a de Matin terán
a oportunidade de crecer sans.
TODOS VACiNADOS: 1,5 MILLóNS DE VIDAS EN xoGO
Aínda que se lograron avances nos últimos anos, aínda queda moito
por facer. En 2013, 21,8 millóns de nenos menores dun
ano, case 1 de cada 5, non recibiron as vacinas que poden
salvar as súas vidas, protexelos de enfermidades e da
minusvalidez.
Na Semana da Vacinación, que se celebra dende o 24
ao 30 de abril, dende UNICEF queremos
recordar que as vacinas salvan cada ano entre 2 e 3 millóns
de vidas, o que demostra a súa efectividade.
Non obstante, os nenos máis pobres e vulnerablesnon están a recibir as vacinas esenciais a pesar de ser os que máis
as necesitan. Se estes nenos tivesen acceso a vacinas, poderíanse
salvar 1'5 millóns de vidas máis.
Coa túa axuda,
podemos conseguilo. Contigo podemos
lograr que todos os
nenos
estean vacinados.