Serge Ibaka, co Corno de África
O xogador da Selección Española de Baloncesto súmase ás iniciativas que contribúen ao traballo de UNICEF na emerxencia nutricionalSerge Ibaka, xogador da Selección Española de Baloncesto, pon en marcha unha iniciativa ligada aos partidos do Eurobasket, que comeza hoxe en Lituania, para apoiar o traballo de UNICEF no Corno de África.
"Son africano e coñezo as dificultades polas que pasan tantos millóns de persoas no continente africano. Este problema éme moi próximo e para min é un deber moral apoiar e axudar a poboación do Corno de África nestes momentos. Espero que a xente se decate de que estas persoas necesitan a nosa axuda urxentemente e que colaboren con UNICEF", afirma Ibaka.
'Ponlle un tapón á fame'
Ibaka, que finalizou a tempada 2010-2011 como o xogador que máis tapóns puxo, e despois de poñer 21 en 8 partidos amigables este verán, fará unha doazón de 100 euros por cada tapón que poña durante o Eurobasket. Hoxe comeza a acción ponle un tapón á fame, a través da cal Serge Ibakabrinda apoio á poboación afectada pola emerxencia nutricional en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti. Para sumarse á iniciativa pódese enviar un SMS coa palabra HAMBRE ao 28028 ou a través da nosa web.Cada SMS supón unha axuda de 1,20 euros, cantidade coa que se pode cubrir o custo dotratamento dun día para un neno con desnutrición
Emerxencia no Corno de África
A emerxencia nutricional afecta sobre todo aos nenos: 600.000teñen un grao de desnutrición que pon en risco inminente as súas vidas. UNICEFtraballa en todas as áreas de acción humanitaria que salvan vidas nos campos de desprazados, nas súas comunidades limítrofes e noSur de Somalia.A falta de auga e alimentos son as necesidades máis urxentes, ás que se engade a vulnerabilidade dos nenos con desnutrición a enfermidades mortais como o sarampelo, a malaria, a diarrea ou a pneumonía.UNICEF desenvolve accións masivas en nutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil.UNICEF é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue tratar a desnutrición. Ademais, brinda apoio a centros de estabilización nutricional, tanto en Somalia coma nos seus países veciños.UNICEF, que sempre traballa en colaboración con outras axencias de Nacións Unidas e ONG internacionais e locais, tamén emprendeu unha campaña de vacinación e traballa na mellora de instalacións para garantir auga limpa e un saneamento axeitado a 300.000 nenos somalís e as súas familias.