Serge Ibaka e a iniciativa 'Ponlle un tapón á fame'
Grazas a Serge Ibaka, xogador da Selección Española de Baloncesto, gañadora do ouro de Lituania, que puxo 13 tapóns contra a fame durante os partidos do Eurobasket, e aos centos de persoas que se uniron na campaña, conseguíronse un total de 1.818,40 euros para a emerxencia nutricional do Corno de África.
Antes de lanzar esta iniciativa, Ibaka, que coñece de primeira man o traballo de UNICEF no Congo, de onde é orixinario, declaraba: "Son africano e coñezo as dificultades polas que pasan tantos millóns de persoas no continente africano. Para min é un deber moral apoiar e axudar a poboación do Corno de África nestes momentos. Espero que a xente se decate de que estas persoas necesitan a nosa axuda urxentemente".
'Ponlle un tapón a fame'
O xogador da Selección Española, que finalizou a tempada2010-2011 como o xogador que máis tapóns realizou, puxo en marcha a acción 'Ponlle un tapón á fame', para brindar apoio á poboación afectada pola emerxencia nutricional en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti, realizando unha doazón de 100 euros por cada tapón que puxese durante oEurobasket. Ademais, animaba a xente a unirse á acción, enviando un SMS coa palabra FAME ao 28028 ou realizando un donativo a través da nosa web.
a emerxencia no Corno de África
A emerxencia nutricional que vive o Corno de África afecta sobre todo os nenos, poñendo en risco inminente as vidas de centos de miles deles.UNICEF traballa en todas as áreas que salvan vidas nos catro países afectados, nos campos de desprazados, nas comunidades e nas rexións limítrofes.O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue tratar a desnutrición. Á parte da distribución de subministracións vitais, UNICEF brinda apoio aos centros de estabilización nutricional, realiza campañas de vacinación, facilita o acceso á auga potable e establece espazos de protección para os nenos.