Sergio Ramos, novo Embaixador de UNICEF España
O xogador do Real Madrid e da Selección Española de Fútbol, Sergio Ramos, foi nomeado Embaixador de UNICEF España.
O nomeamento produciuse na cidade brasileira de Curitiba, onde se encontra a Selección Española de Fútbol para disputar o Mundial de Brasil que comeza o día 12.
Sergio Ramos asegurou que este momento "é emocionante para min", xa que colabora dende 2007 con UNICEF e agora "me sinto moi orgulloso de pasar a formar parte da súa familia de embaixadores".
No acto de nomeamento Ramos mantivo un encontro con mozos de Curitiba que participan nun programa de UNICEF para a promoción do xogo limpo e o dereito ao deporte. Despois xogou un partidillo de fútbol con eles.
Para o novo embaixador de UNICEF España "é un orgullo poder axudar para que os dereitos dos nenos sexan cada vez máis fortes". "Eu acabo de ter un fillo", engadiu, " e non imaxino a dor de non o poder protexer ou de que as súas circunstancias non lle permitisen gozar de todos os seus dereitos".
Se queres sumarte á protección dos dereitos dos nenos, como fixo Sergio Ramos, envía UNICEF ao 28028 ou doa aquí
"Os nenos necesítannos" , únete a unicef
O nomeamento de Sergio Ramos como embaixador de UNICEF España chega tras varios anos de colaboración continuada e un forte compromiso do xogador coa promoción dos dereitos da infancia.
"Este é un recoñecemento a moitos anos de esforzo desinteresado a favor dos nenos", declarou Javier Martos, director executivo de UNICEF España. "Sergio demostrou sensibilidade, un enorme compromiso coa infancia máis vulnerable e a súa firme vontade de apoiar o traballo de UNICEF en todo o mundo".
O xogador agradeceu o recoñecemento e reforzou o seu apoio aos nenos máis vulnerables: "Todos temos que apoialos dalgún xeito. Todos os nenos teñen dereito a sobrevivir, a desenvolver o seu potencial, a xogar e ter un futuro cheo de oportunidades,". E para logralo "UNICEF é fundamental", asegura.
Ramos viaxou en 2010 a Senegal, onde "vin directamente o traballo e os logros" de UNICEF. Por iso "creo que podo axudar a trasladar a súa mensaxe e as súas campañas a moitas persoas que tamén queren axudar".
Ademais o futbolista liderou e xogado os partidos solidarios Champions for Africa e Champions for life, gravou mensaxes de apoio e cedido obxectos persoais para conseguir fondos cos que manter programas de UNICEF, ou participou en programas de televisión especiais a favor dos nenos máis vulnerables.
"Grazas Sergio por axudarnos en todo o que che pedimos", díxolle Martos. "Pero sobre todo, grazas por crer nos dereitos da infancia e por loitar por eles dende a túa posición". Para UNICEF "é unha honra nomearte embaixador porque a túa voz multiplica a voz dos nenos, nenas e adolescentes".
Co seu nomeamento como embaixador, Sergio Ramos reforza esta colaboración e este compromiso coa infancia, pola que dende agora seguirá traballando con máis forza: "Quero que a miña voz estea ao servizo dos nenos máis vulnerables do mundo. Necesítannos".
"Los niños nos necesitan" , únete a unicef