Sergio Ramos súmase á campaña 'Imos asustar o ébola'
O xogador da Selección Española e do Real Madrid protagoniza un vídeo co obxectivo de sumar apoios para frear a propagación do ébola e conseguir recursos para a protección dos nenos nunha rexión na que máis de 10.000 quedaron orfos dun ou ambos os dous proxenitores.
Outros destacados personaxes do fútbol, como Jorge 'Koke' Resurrección, Ivan Rakitic ou Karim Benzema, os adestradores José Antonio Camacho e Milinko Pantic, e os xornalistas de TVEMaría Escario, Juan Carlos Rivero e Lourdes García Campos, tamén participan na campaña. Xunto a eles, os nenos Aminata, Samuel e Sofía, Toni Garrido poñendo a súa voz, e seis membros do equipo sanitario de Medicina Tropical do Hospital La Paz-Carlos III de Madrid: Fernando de la Calle, Marta Arsuaga, Yolanda Fuentes, Belén Fernández, Vanesa Sánchez e María Gutiérrez, que traballaron na atención e o tratamento dos casos de ébola rexistrados en Madrid.
A acción está vinculada ao partido 'Champions for Life' que emitirá La1 de TVE o próximo luns 29 de decembro, a partir das 19:00 horas