Serra Nevada consolida a súa colaboración con UNICEF
A empresa amplía o seu apoio aos programas polos dereitos da infanciaOs esquiadores poden doar un euro a UNICEF cando devolven o seu forfait a través dun sistema de caixeiros automáticos
A estación de esquí e montaña de Serra Nevada apoia a UNICEFdende 2007, ano no que ambas as dúas organizacións asinaron un convenio de colaboración, co que a estación granadina achega fondos para os programas dedicados á protección dos dereitos da infancia de UNICEF. Nos últimos catro anos de colaboración leváronse a cabo varias accións. Con esta última, cada esquiador ten a posibilidade de devolver o forfait e doar un euro do depósito aos programas de UNICEF.
UNICEF e as empresas
Para levar a cabo a súa misión: cambiar a vida de millóns de nenos no mundo,UNICEF traballa en alianza e colaboración con diferentes actores, incluídas as empresas. A firma de acordos e convenios pon de manifesto un compromiso de traballo conxunto a favor dos dereitos fundamentais de todos os nenos.