Sete países africanos reducen á metade as infeccións por VIH en nenos
Sete países de África subsahariana --Botswana, Etiopía, Ghana, Malawi, Namibia, Sudáfrica e Zambia-- reduciron as novas infeccións por VIH en nenos nun 50% dende 2009, segundo un novo informe sobre o Plan Mundial para eliminar as novas infeccións por VIH en nenos para 2015, así como para manter con vida ás súas nais (Plan Mundial).
Outros países, como Tanzania e Zimbabwe, están a realizar tamén progresos substanciais. Segundo o informe, houbo 130.000 novas infeccións por VIH en nenos nos 21 países prioritarios do Plan Mundial en África, un descenso do 38% dende 2009.
"O progreso na maioría dos países é un forte sinal de
que, cos esforzos ben centrados, cada neno pode nacer senVIH", dixo Michel Sidibé, Director Executivo do Programa
Conxunto de Nacións Unidas sobre VIH/SIDA (ONUSIDA).
"Pero o progreso estancouse nalgúns países cun gran número de novas infeccións porVIH. Temos que descubrir por que e eliminar os colos de botella que impiden ampliación", agregou.
Cunha diminución do 76% dende 2009, Ghana rexistrou o maior descenso da taxa de novas infeccións entre nenos. Non obstante, o ritmo de diminución dalgúns dos países prioritarios do Plan Mundial foi lentoe en Angola, por exemplo, as novas infeccións por VIH mesmo aumentaron. As novas infeccións entre os nenos de Nixeria, que conta co maior número de nenos que adquiren oVIH, mantivéronse practicamente sen cambios dende 2009. Sen unha acción urxente, en Nixeria non se poderá alcanzar o obxectivo global para 2015.
"Temos as ferramentas necesarias para alcanzar os obxectivos do Plan Mundial, e os datos recentes mostran que estamos a avanzar cada vez máis cara á súa realización", segundo Eric P. Goosby, Coordinador Mundial de SIDA en Estados Unidos.
AiNda QUEDA MOito POR fACER
O informe, non obstante, tamén revela que só a
metade de todas as mulleres lactantes que viven con VIH ou os seus fillos reciben
medicamentos antirretrovirales para
previr a transmisión do VIHde nai a fillo. Neste sentido, recorda que a lactación materna é
fundamental para garantir a supervivencia do neno e fai especial
fincapé na necesidade urxente de proporcionar tratamentoantirretroviral durante o período da
lactación.
Máis da metade dos nenos que son susceptibles de recibir tratamento en Sudáfrica eSwazilandia conseguen acceder a este. En Chad, Etiopía, Ghana, Kenya, Malawi, Nixeria, Sudáfrica, Tanzania eZimbabwe duplicouse o número de nenos que accede a tratamento de 2009 a 2012.
Se ben o informe destaca que o número de nenos que necesitan tratamento contra oVIH se reducirá, deben tomarse medidas urxentes para mellorar o diagnóstico precoz do virus nos nenos e garantir o acceso oportuno ao tratamento antirretroviral.
O número de mulleres embarazadas que viven con VIHe que reciben tratamento antirretroviral aumentou dende 2009. En Botswana, Ghana, Malawi, Namibia, Sudáfrica, Swazilandia e Zambia, máis do 75% das embarazadas susceptibles de tratamento reciben terapiaantirretroviral e máis do 50% en Kenya, Lesotho, Tanzania eZimbabwe.