Shakira e Gerard Piqué celebran un World Baby Shower para apoiar o labor de UNICEF a prol dos nenos

A cantante e Embaixadora de UNICEF Shakira e o futbolista do FC Barcelona Gerard Piqué celebrarán a inminente chegada do seu segundo fillo organizando unha nova versión solidaria do concepto de 'World Baby Shower'.

Tras o éxito do 'baby shower' de UNICEF para o seu primeiro fillo, MilanShakira e Gerard decidiron crear un "shower" compartido, para axudar aos bebés e ás nais que máis o necesitan.

"Agora que estamos a esperar a chegada o noso segundo fillo queremos axudar a outros nenos e nenas do mundo e contribuír tamén a unha solución permanente para ofrecer aos nenos que viven na pobreza extrema a axuda que necesitan para sobrevivir", explica Shakira.

A parella invita os seus seguidores a participar no evento visitando unha
web con regalos que beneficiarán directamente o labor de UNICEF en favor da infancia nalgúns dos lugares máis pobres e remotos da terra.

Entre os 6 regalos que os seguidores poden comprar como parte do '
World Baby Shower' hai vacinas contra o sarampelo, vacinas contra a polio, mantas e alimento terapéutico para bebés.
 

'Baby shower' de Shakira e Piqué: a segunda vez tamén con UNICEF

Os 'baby showers', nos que os convidados ofrecen regalos á nai, son moi populares en moitos países como unha forma de celebrar o nacemento pendente ou recente dun neno. Este é o segundo 'World Baby Shower' desta parella de famosos para apoiar a misión de UNICEF a prol dos nenos. O primeiro 'shower' celebrouse do 16 xaneiro ao 15 febreiro de 2013, con motivo do nacemento do seu fillo, Milan. Como resultado, máis de 80.000 nenos foron vacinados contra a poliomielite; case 4 toneladas de alimentos terapéuticos serviron de axuda aos nenos que sofren de desnutrición; e distribuíronse ao redor de 1.000 mosquiteiras contra o paludismo e case 200.000 sobres de sales de rehidratación oral.

Os regalos do 'World Baby Shower' teñen o potencial de salvar a vida de moitas nais ou nenos. A pesar dos grandes avances logrados na redución da taxa de
mortalidade infantil, 6,3 millóns de nenos menores de cinco anos seguen morrendo anualmente por causas en boa medida previbles. Entre eles encóntranse 2,9 millóns de recén nacidos que morren no primeiro mes de vida. E todos os días, millóns de nais dan a luz sen equipos, medicamentos ou servizos de apoio axeitados.

Os
regalos de UNICEF forman parte dun programa innovador que ofrece ao público a oportunidade de comprar artigos reais para salvar vidas, e envíanse directamente dende o almacén de UNICEF en Copenhaguen, ou dun dos moitos provedores de UNICEF, a un dos máis de 150 países ou territorios onde UNICEF realiza o seu traballo.