Shakira, Gerard Piqué e UNICEF agradecen os seus seguidores por participar no Baby Shower Global
A Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, Shakira, e Gerard Piqué queren agradecer aos centenares de miles de seguidores que participaron no Baby Shower Global interactivo comprando regalos que salvan vidas e que serán distribuídos por UNICEF entre nenos e nenas desfavorecidos arredor do mundo.
"Estamos moi emocionados pola xenerosidade de todos os que visitaron noso Baby Shower Global", dixo Shakiraquen en xaneiro deu a luz ao seu primeiro fillo, Milan. "Grazas a vostedes máis de 80.000 nenos e nenas estarán protexidos contra a polio, preto de200.000 bebés recibirán sales rehidratantes e 3,8 toneladas de comida terapéutica están a ser repartidas, entre moitas outras ferramentas que axudan a salvar vidas. " A polio é unha enfermidade moi contaxiosa e que pode chegar a ser mortal. A polio moitas veces deixa os nenos con graves secuelas; os sales rehidratantes son unha solución moi efectiva para tratar diarrea que é a segunda causa de mortalidade infantil de nenos e nenas menores de cinco anos.
Baby shower virtual
Cando Shakira e Gerard tiveron o seu primeiro fillo no mes pasado
decidiron compartir este momento usando unha ferramenta
dixital moi innovadora organizando un baby shower dixital
con UNICEF. O Baby Shower, que se desenvolveu entre o
16 de xaneiro e o 15 de febreiro, mantivo os seus seguidores
involucrados nunha campaña que empezaba na sala de estar virtual deShakira e Gerard. Alí, os convidados poderían coñecer sobre
os retos da nenez arredor do mundo e poderían comprar "regalosinspiracionales" (Regalo
Azul)), axudando á
nenez máis vulnerable, a empezar unha vida saudable.
"Este Baby Shower virtual foi
realmente moi innovador e foi o resultado do mundo dixital no que
os seguidores non soamente seguen senón que se converten nunha
parte esencial dos esforzos filantrópicos da parella" dixoSarah Crowe, a voceira do Director
Executivo de UNICEF. Estamos moi
agradecidos pola xenerosidade de Shakira, Gerard e os
seus seguidores. "
A multitude de fans que visitaron a páxina web tamén
compraron máis de 1.000 mosquiteiras que protexen nenos de
malaria. En África, un neno morre cada 60 segundos por
contraer esta enfermidade. As mosquiteiras crean unha barreira que
protexe os recén nacidos durante a noite das picaduras dos
mosquitos, reducindo a transmisión da enfermidade.
A estas xenerosas doazóns súmanse a compra de 150 balanzas
portables que axudan a detectar malnutrición e enfermidades nos
recén nacidos. Como se demostrou, unha das mellores maneiras de
detectar signos de malnutrición e enfermidade é monitorear o seu peso. Cando máis pronto se
diagnostican estes síntomas, máis oportunidades ten un neno de
sobrevivir.UNICEF empezará a repartir todas estas
doazóns, que van salvar vidas e cambiar as vidas de moitos nenos e
nenas nas partes máis necesitadas e pobres do mundo.