Sirya: 1 millón de nenos necesitan axuda no nordés do país
Preto de 1 millón de nenos necesitan axuda humanitaria no nordés de Sirya. Para chegar ata eles, dende UNICEF enviamos 43 camións con subministracións moi necesarias a esta zona do país, concretamente a Qamishli.
Os camións cruzaron hai uns días o punto
fronteirizo de Nusyabin,
en Turquía, e chegarán a 2,3 millóns de
persoas que os necesitan urxentemente.
"A entrega desta axuda humanitaria tan necesaria
chega nun momento crítico, xa que o acceso en todaSirya se está a converter nun reto
para UNICEF e
outros actores humanitarios", dixo Hanaa
Singer,
representante de UNICEF enSirya.
O envío, que inclúe pastillas potabilizadoras, produtos de
hixiene e medicamentos básicos,
dirixirase aos desprazados que recentemente
buscaron refuxio aquí fuxindo da violencia doutras
zonas de Sirya.
En todo o país, xa son máis de 5,6 millóns de
nenos con necesidades urxentes, entre os
que se encontran os 2 millóns que viven enzonas de difícil acceso.
"Este é un avance significativo pero dende logo non é suficiente e
necesitaremos máis para chegar a todos os nenos afectados
polo conflito en todo o país",
engadiu Singer.