Sirya: aumenta o risco de enfermidades nos nenos
Tras dous anos de conflito no país, aumenta o risco de que os nenos sirios contraian enfermidades debido á interrupción grave de servizos básicos, os danos producidos aos sistemas de auga e saneamento e a falta de acceso a hixiene.
Unha avaliación realizada por UNICEF en todo o país -o primeiro que cobre a área de auga e saneamento dende o comezo do conflito-, revela que nas zonas afectadas só está dispoñible un terzo dos niveis de auga que había antes da crise. Moitas persoas que viven nestas zonas só teñen acceso a 25 libros de auga ao día, mentres que hai dous anos tiñan 75 litros ao día. A avaliación, levada a cabo en colaboración cos departamentos municipais de auga e contratistas privados locais, identifica as seis zonas de maior risco - Damasco, Idlib, Der Ez-Zor,Homs, Alepo e Al Raqqa-onde máis se limitou o acceso a auga potable. Por exemplo en Der Ez-Zor, noleste de Sirya, unha área onde a violencia foi particularmente grave, só se bombea o 10% da auga que se extraía antes da crise.
DISTRIBUIR CLORO PARA 10 MILLóNS DE PERSOAS
"Estes resultados poñen de relevo por queUNICEF priorizou o traballo no sector de auga e saneamento", dixo Abdel-Jelil Youssouf, Representante deUNICEF en Sirya. "Este mes comezamos unha operación para distribuír un millón de litros de cloro para que máis de 10 millóns de persoas, case a metade da poboación do país, teña acceso a auga potable durante tres meses. Debido ao conflito case parou en todo o país a produción nacional de produtos químicos destinados ao tratamento de auga, o que aumenta o risco de que a auga da billa estea contaminada,". "Aínda temos que facer moito máis para chegar a todos os que necesitan axuda co fin de evitar o risco de que se propaguen enfermidades transmitidas pola auga", agregou. Os cortes de enerxía, a escaseza de combustible, a falta de mantemento debido á inseguridade e os danos que sufriron as infraestruturas son as principais razóns que están detrás do aumento da falta de auga. Nas zonas onde as fontes de alimentación están máis deterioradas utilízanse a miúdo xeradores, aínda que o seu uso se está a complicar pola falta de combustible e de repostos. As familias prefiren cada vez máis comprar auga subministrada por camións cisterna ás comunidades. Unha familia de sete membros paga polo menos 15 dólares (11,18 euros) cada 15 días por ter auga. Isto é máis do que moitas familias vulnerables poden permitirse. Ademais, os camións cisterna adoitan subministrar auga de pouca calidade e en cantidades limitadas.
A avaliación revelou que as mulleres e nenos das cidades afectadas están expostos a ambientes insalubres,xa que o tratamento de augas residuais descendeu á metade (do 70% antes da crise ao 35% actual). A recollida e eliminación segura dos residuos domésticos tamén se interrompeu. O acceso a auga, inodoros e xabón nos colexios e a instalacións sanitarias é moi baixo.
A situación é máis preocupante para as persoas que viven en aloxamentos colectivos, especialmente nas 1.500 escolas nas que moitos se refuxiaron.
[]
As súas condicións son a miúdo insalubres debido á falta de baños, duchas, artigos de hixiene como xabón, e ao acceso racionado á auga (normalmente menos de 10 litros por persoa e día).
Ata a data, UNICEFproporcionou auga potable e para o fogar a máis de 22.000 persoas afectou a emerxencia. Nas áreas de conflito entregáronse kits de hixiene e xabón a 225.000 persoas.UNICEF estima que dos 4 millóns de persoas afectadas, a metade son nenos.
Para responder ás crecentes necesidades de auga e saneamento, UNICEF fixo un chamamento de 22,5 millóns de dólares (16,78 millóns de euros), que forman parte do Plan de Resposta de Asistencia Humanitaria para Sirya lanzado en decembro de 2012. O obxectivo é proporcionar, ata o mes de xuño, kits de hixiene, xabón, inodoros e servizos a 750.000 persoas.
Así mesmo, UNICEFten previsto dar acceso a auga e saneamento a 50.000 nenos en escolas, espazos amigos da infancia e espazos temporais de aprendizaxe, así como reparar e rehabilitar os sistemas de auga comunitarios. Actualmente, falta por cubrir o 80% dos fondos solicitados por UNICEF para levar a cabo o seu traballo nas áreas de auga e saneamento.
"Estamos a facer todo o posible para ampliar o noso alcance e garantir que máis xente dispoña de auga segura e saneamento", dixo Abdel-Jelil. "A falta de fondos é a maior limitación" engadiu.UNICEF é unha das numerosas organizacións humanitarias internacionais que traballan no sector de auga, saneamento e hixiene en Sirya..