Sirya: declaración de Ted Chaiban, Director de Emerxencias de UNICEF
"O conflito de Sirya é unha das crises máis graves que afrontan hoxe os nenos no mundo. Estragouse a vida de catro millóns de nenos e toda unha xeración está en risco."
Malia as dificultades, UNICEF e os nosos aliados ampliamos
significativamente a resposta dentro de Sirya. Dende o
comezo de 2013, máis de 10 millóns de persoas en
Sirya teñen acceso a auga potable e auga para uso doméstico. Un
millón de nenos foron vacinados contra o sarampelo en Sirya e
600.000 nos países veciños. Neste contexto, é importante render
homenaxe á incrible capacidade de resistencia do pobo sirio
e das organizacións, sen a cal non terían tido éxito os
nosos esforzos humanitarios colectivos.
UNICEF tamén está a proporcionar aos nenos sirios en Xordania, Líbano e Iraq, acceso a auga potable, vacinas contra enfermidades mortais, a oportunidade de recuperar a aprendizaxe, esuperar os horrores que presenciaron. As comunidades de acollida que tamén están a poñer os seus esforzos terán igualmente acceso a estes servizos.
Aínda hai moito máis por facer. A crise en Sirya está a empeorar día a día, e a chegada da calor do verán trae novos riscos. As temperaturas están a aumentar nun momento en que a auga potable é cada vez máis escasa, e as condicións sanitarias empeoran. Os nenos poderían ser especialmente vulnerables nunha crise de saúde pública.
Este chamamento trata de salvar as vidas dos
nenos. Por iso UNICEFsolicita recursos adicionais. O noso actual déficit de
financiamento é duns 300 millóns de
dólares, cuxo destino é manter o nivel actual de
asistencia e ampliala para cubrir as crecentes necesidades
humanitarias dos nenos e as súas familias en Sirya e na
rexión.
No chamamento xeral, a nosa prioridade fundamental é proporcionar auga potable, saneamento axeitado e vacinas para protexer os nenos contra as enfermidades. As nosas outras prioridades son axudar aos nenos a poñerse ao día na escolarización que perderon e protexelos contra as diversas formas de violencia e abuso.
UNICEF está moi agradecido aos doadoresque foron tan xenerosos na achega de fondos para levar a cabo os nosos programas de asistencia humanitaria dende o comezo da crise. Á luz deste chamamento sen precedentes e no ámbito actual de recursos limitados, é importante ampliar a base de doadores incluíndo a participación do sector privado.
Canto máis dure o conflito, máis difícil será curar as profundas feridas que quedan atrás. UNICEF fai un chamamento a todas as partes no conflito, e os que teñen influencia sobre eles, para reafirmar o principio de que a guerra non é un lugar para os nenos e que deben ser protexidos da violencia en todo momento.