Sirya e Oriente Medio: máis de 23 millóns de nenos serán vacinados contra a polio
Esta semana comezou a maior campaña de vacinación posta en marcha en Oriente Medio co obxectivo de vacinar máis de 23 millóns de nenos contra a poliomielite en Sirya e os países veciños.
A campaña de vacinación é crucial para o traballo de
resposta ante a aparición dun brote en Sirya, onde
se confirmaron 17 casos, e para adetección do virus noutras partes deOriente Medio.
Para deter o brote e evitar unha maior propagación, os impulsores da campaña teñen previsto vacinar en repetidas ocasións durante os próximos meses a todos os nenos menores de cinco anos que vivan en casas ou fosen desprazados polo conflito. A campaña de vacinación levarase a cabo por parte das autoridades nacionais e locais de saúde co apoio de UNICEF, a OMS, a Media Lúa Vermella Árabe Sirya e outros aliados.
Axuda a Sirya: vacinar a 2,2 millóns de nenos contra a polio
En Sirya, a campaña pretende chegar a2,2 millóns de nenos, incluídos os que viven enzonas en conflito e os que se perderon a campaña
anterior. Moitos nenos en Sirya seguen sendo inaccesibles, sobre
todo os que están atrapados en áreas illadas ou os que viven en
zonas en conflito.
A pesar dos problemas de cobertura, os datos iniciais suxiren que a vacina está a chegar a máis zonas en Sirya que outras intervencións de saúde incluídas en maiores operacións humanitarias. Ademais do traballo en vacinación, estase a traballar para mellorar os sistemas de verificación de datos de cara a futuras campañas nese país azoutado polo conflito.
brote de polio en sirya
"Todos os nenos sirios deben estarprotexidos da enfermidade", dixo Ala Alwan, Director
Rexional da oficina da OMS en
Mediterráneo Oriental. "Para erradicar a poliomielite é necesario
que nada impida chegar aos nenos. Facemos un chamamento a todas as
partes do conflito en Sirya a cooperar e facilitar
pausas nos enfrontamentos durante os próximos 6 meses para permitir
que as campañas de vacinación poidan chegar a todos os
nenos".
"Coma se os nenos en Sirya non tivesen sufrido suficiente, agora teñen que lidar cunha nova ameaza para a súa saúde e benestar ", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África. "O traballo de vacinación contra a polio é posible grazas ao compromiso de moitos socios, pero só poderemos deter a propagación do virus se chegamos aos nenos que quedaron fóra do noso alcance".
Nos próximos meses,UNICEF ten previsto distribuír10 millóns de dose da vacina contra a polio en Sirya. O primeiro envío, con 2 millóns de vacinas, chegou a Damasco o venres 29 de novembro.