Sirya: Espazos Amigos da Infancia para recuperar a normalidade

Un Espazo Amigo da Infancia é un lugar no que os nenos ven cubertas as súas necesidades básicas de nutrición, saúde e protección, ao tempo que ven garantido o seu benestar emocional, social e educativo. En situacións de crise e emerxencia, a volta a certa normalidade e rutina é fundamental para os nenos.

Actualmente hai 10 Espazos Amigos da Infancia apoiados por UNICEF no campamento de refuxiados de Za'atari, no norte de Xordania, con capacidade para 2.500 nenos. Non obstante, as previsións indican que nuns meses haberá 35.000 nenos, polo que é necesario ampliar estas zonas.

Tabarak, 12 

Tabarak, de 12 anos, di que non lle gusta estar no campamento de Za'atari porque é moi poeirento. Afirma que estraña o seu fogar en Sirya, pero que polo menos agora se sente a salvo. "Eu tiña moito medo antes".Tabarak, os seus pais e os seus sete irmáns levan tres semanas no campamento de Za'atari. Ela e a súa familia fuxiron do conflito no sur de Sirya cando a situación empeorou. Cada mañá Tabarak espértase e axuda a varrer o po fóra da tenda onde dorme. Despois de comer, marcha con présas cara ao centro do campamento, onde hai unha gran zona valada con tendas de campaña de UNICEF e un parque infantil. Gústame ir a esas tendas, é moi divertido. Deixáronnos xogar e ensínannos deportes", conta.UNICEF construíu 10 Espazos Amigos da Infancia no campamento de Za'atari: lugares seguros onde os nenos sesocializan, xogan, volven establecer unha rutina e reciben atención e apoio para facer fronte á angustia emocional causada polos conflitos e a violencia que presenciaron ou experimentou.
Os pais están invitados a participar nas clases e recibir información sobre o coidado dos seus fillos.
 
Tabarak di que o que máis lle gusta é xogar nos bambáns. "Coñecín outros nenos dos que non sabía antes. Agora son os meus amigos". Hai máis de 11.000 nenos refuxiados no campamento de refuxiados de Za'atari e se prosegue a tendencia actual, haberá un aumento dramático nos próximos dous meses.UNICEF está a traballar urxentemente para garantir que haxa máis espazos segurospara que os nenos aprendan, xoguen e sanen.Tabarak di que cando crezaquere ser profesora de ciencias. Polo momento, ri e xoga no patio de recreo de UNICEFcon outras dúas rapazas da súa idade. Trátase dun comportamento normal para a maioría dos rapaces de 12 anos, pero un gran cambio respecto á vida que tiñan estas rapazas en Sirya.