Sirya: máis de 7 millóns de nenos necesitan axuda para resistir ao inverno
Coa chegada do inverno, a situación dos nenos en Sirya séguese deteriorando a un ritmo alarmante.
Dentro de Sirya, máis de 5,6 millóns de nenos dependen da axuda humanitaria para encarar un inverno que se prevé xélido, con ventos fríos, chuvia xeada e descenso das temperaturas a preto de cero ou por debaixo. A mesma situación viven 1,65 millóns de nenos refuxiados en Líbano, Xordania, Iraq, Turquía, Exipto e outros países do norte de África.
Dende UNICEF empezamos a distribución de roupa de abrigo e artigos para o inverno como mantas e sabas. O noso obxectivo é asistir a 400.000 dos nenos desprazados internos máis vulnerables, pero debido á falta de financiamento, só puideron comprar 217.600 kits de inverno para distribuírse nas 4 áreas prioritarias de Homs,Tartous, Aleppo e Qamishly. O acceso ás zonas máis afectadas segue sendo limitada debido aos continuos enfrontamentos.
Sirya: as condicións de vida dos nenos non deixan de empeorar
Os nenos encóntranse agora ante un risco moito maior de contraer enfermidades como a poliomielite e o sarampelo. Con 7,6 millóns de persoas desprazadas no interior dos seus fogares, moitos están a vivir en condicións de amoreamento, con acceso interrompido a auga potable. Como resultado, tamén se multiplica o risco de contraer enfermidades relacionadas coa falta de auga e saneamento.
Fai un donativo para axudar aos nenos de Sirya e a rexión