Sirya: máis dun millón de nenos vacinados
Actualmente estase a levar a cabo unha campaña de vacinación de emerxencia en Sirya para protexer os nenos contra o sarampelo e a poliomielite, enfermidades que poden propagarse rapidamente e que ás veces poden ser mortais, especialmente en conflitos e durante o desprazamento masivo de persoas.
A campaña, que ten como obxectivo vacinar 1,4 millóns de nenos, tivo que facer fronte a retos inusuais, como estradas bloqueadas e combates en moitas partes do país. Conseguir que as vacinas cheguen ás cidades onde se necesitan, é unha tarefa perigosa e complicada. "O traballo máis difícil tivérono os condutores, que tiveron que recoller subministracións en Damasco e logo entregalos, a miúdo por estradas secundarias, aos traballadores que se encontran despregados en todo o país," dixo Iman Bahnasi, Especialista en Desenvolvemento e Supervivencia infantil de UNICEFSirya. "Pero grazas á súa determinación e coraxe, todas as provincias recibiron as subministracións que necesitan. " Os datos recollidos de 11 das 14 rexións sirias mostran que dende que comezou a campaña de vacinación, o 26 de novembro, máis de630.000 nenos menores de cinco anos xa recibiron as gotas contra a polio, mentres que máis de 510.000 nenos, de entre 1 e 5 anos, foron vacinados contra o sarampelo.
DOSis de vitamina A PARA reducir a mortalidade por infeccións respiratorias agudas e diarrea
Os nenos maiores dun ano de idade tamén están a recibir unha dose de vitamina A, que contribúe a reducir a mortalidade por infeccións respiratorias agudas e diarrea. "Cremos que o número real de nenos vacinados é significativamente maior, pero a situación de seguridade complica a obtención de cifras de xeito rápido dende algunhas áreas", dixo Abdel-Jelil Youssouf, Representante de UNICEF en Sirya. "O que está claro é que a campaña está a funcionar. Estamos a recibir informacións que falan de longas filas de pais con nenos pequenos en centros de vacinación de todo o país, incluíndo cidades como Homs" engadiu. Aínda que se subministraron vacinas a uns 1.200 centros de atención primaria, o obxectivo principal da campaña son os nenos e familias desprazadas que viven en refuxios temporais en todo o país, aos que se está a chegar a través de máis de 100 equipos móbiles de vacinación. Estanse a utilizar mensaxes en televisión, SMS e sesións informativas sobre saúde para lograr que os pais vacinen os seus fillos.UNICEF proporcionou para esta campaña 1,5 millóns de dose de vacina contra o sarampelo, xiringas, equipos de cadea de frío, caixas de seguridade, tarxetas de vacinación, follas de inscrición e materiais de comunicación.
UNICEF TRABAllA No PAÍS DEnDE o INICIO DA CRISe
UNICEF está a traballar xunto á Organización Mundial da Saúde, o Ministerio de Saúde e varias organizacións non gubernamentais, como a Media Lúa Vermella Árabe de Sirya, paramaximizar a cobertura ata o final da campaña previsto para o 10 de decembro.Outros programas de UNICEFcontinuaron dende o inicio da crise actual, chegando a centos de miles de nenos con subministracións de primeiros auxilios, auga, saneamento e hixiene, educación e protección infantil. En abril de 2012, UNICEFapoiou a vacinación de máis de 284.000 nenos en Sirya como parte da Semana Mundial de Vacinación.