Sirya: miles de nenos privados de educación

Case dous anos despois do inicio da crise en Sirya, a intensidade da violencia está poñendo en serio perigo a educación de centos de miles de nenos.

Unha quinta parte das escolas do paíssufriron danos ou están a ser utilizadas comorefuxio para os desprazados.


Nas cidades onde o conflito resultou máis intenso, algúns nenos xa perderon case dous anos de escolaridade.


"O sistema educativo en Sirya estase a cambalear polo impacto da violencia (...) Sirya compracíase da calidade das súas escolas. Agora está a ver como o logrado durante anos retrocede rapidamente", manifestouYoussouf Abdel-Jelil, Representante deUNICEF Sirya.


A avaliación realizada por UNICEF o pasado decembro ao sistema educativo sirio revela, entre outros aspectos, que:

  • Polo menos 2.400 escolas foron danadas ou destruídas, incluíndo 772 en Idlib (o 50% do total), 300 en Aleppo e outras 300 en Deraa.
  • Máis de 1.500 escolas están a ser usadas como refuxios para desprazados.
  • Máis de 110 profesores e outro persoal foron asasinados e moitos outros non se están a presentar no traballo. En Idlib, por exemplo, a asistencia de profesores non supera o 55%.
  • En Aleppo, a asistencia de nenos caeu ata o 6%.
  • Algunhas escolas foronutilizadas polas forzas armadas e grupos implicados no conflito.

Por outra parte, debido á grave situación de inseguridade, moitos pais móstranse agora remisos a mandar os seus fillos ao colexio.


Non obstante, en áreas que acollen un alto número de familias desprazadas, as clases están masificadas, albergando en ocasións máis dun centenar de estudantes.


"Estar na escola fai que os nenos se sintan seguros e protexidos, e brinda aos pais esperanzas sobre o futuro dos seus fillos (...) Por iso, tantos pais cos que falamos sinalan a educación como a súa máxima prioridade", dixoAbdel-Jelil.

o TRABAllO DE UNICEF

Co fin de abordar as necesidades educativas dos nenos en Sirya, UNICEF está a apoiar a máis de 170 centros escolares en Homs, Deraa, Damasco Rural, Tartous, Lattakia, Hama eQuneitra.

Os centros permiten a uns40.000 nenos recibir clases de recuperación que tanto necesitan e participar enactividades recreativas. Ademais, UNICEF está a proporcionar materiais de ensino e aprendizaxe, e está a rehabilitar as escolas danadas.

Non obstante,necesítase 1 millón de dólares (máis de 760.000 euros) para manter os centros abertos e equipadosata finais de maio. En total, UNICEFnecesita 20 millóns de dólares (15,35 millóns de euros) para os seus programas educativos en Sirya durante o primeiro semestre do ano, dos que só se recibiron máis de 3 millóns (uns 2,3 millóns de euros).

As prioridades en educación de UNICEF en Sirya inclúen: proporcionar material escolar a 1 millón de nenos; aumentar o acceso á educación de 150.000 nenos, especialmente entre os desprazados internos; proporcionar apoio emocional a 300.000 nenos e subministrar aulas prefabricadas para aumentar a asistencia e apoiar a reanudación das actividades educativas.