Sirya: protexer do frío os nenos nos campos de Za'atari e Azraq
Mentres Xordania se prepara para unha tormenta de inverno nos próximos días, dende UNICEF e en alianza co Programa Mundial de Alimentos (PMA), lanzamos un programa para proporcionar 14 dinares xordanos a cada un de 41.000 nenos sirios refuxiados menores de 14 anos nos campos de Za'atari e Azraq. Isto permitirá que as súas familias poidan adquirir roupa de abrigo.
Esta axuda en efectivo de pagamento único por parte de UNICEF, chegará a nenos de case 13.000 familias vulnerables nos dous campos de refuxiados e poderá utilizarse para comprar, ata o 31 de xaneiro, roupa de inverno, como botas, luvas, pantalóns, abrigos e bufandas, en establecementos aliados do PMA nos campos.
Crise en Sirya: os nenos teñen que enfrontarse a duras condicións climatolóxicas
"É fundamental que aseguremos que os nenos están protexidos fronte ás duras condicións climatolóxicas para que, deste modo, permanezan sans e activos e poidan seguir asistindo á escola", explica Robert Jenkins, representante de UNICEF en Xordania.
O programa de inverno de UNICEF en Xordania está a chegar a máis de 102.000 nenos vulnerables nesta época do ano en alianza con ACNUR, PMA e ONG asociadas. O programa de axuda en efectivo e o apoio fronte á tempada de inverno foi posible a través da colaboración dos gobernos de Alemaña, Canadá, e Estados Unidos a través do departamento de Estado de Poboación, Refuxiados e Migración.
Se podes, axuda aos nenos de Sirya e a rexión.