Sirya: unha historia de superación

UNICEF está a apoiar os afectados polo conflito en Sirya. Dende o mes de xaneiro proporcionou acceso a servizos básicos a máis de 250.000 persoas, das que máis de 185.000 son nenos e adolescentes.  

Así mesmo, poñerase en marcha un plan de acción para responder ás necesidades dosrefuxiados e das comunidades que os acollen en Xordania, Líbano, Iraq e Turquía.Para levar a cabo esta acción necesítanse 11,3 millóns de euros.

REEM, 12 AnOS

Durante tres semanas, Reem, de12 anos, non podía durmir porque o seu pobo, no sur de Sirya, foi atacado con intenso lume de artillaría cada noite. Cando a casa do seu veciño foi alcanzada, os pais de Reem decidiron que tiñan que marchar se querían protexer os seus fillos. Agora Reem, os seus pais e os seus sete irmáns están no campamento de refuxiados deZa'atari, no norte de Xordania. Catro dos seus irmáns maiores encóntranse aínda en Sirya.Reem explica que a guerra empezou a afectar á súa vida hai meses: "Debido ás protestas no meu pobo, non podía ir á escola. Ía e enviábanme á casa deseguida". Aínda cando o conflito aumentaba en todas as partes, Reem aprobou todos os seus exames de sexto grao este ano. Cando fala sobre iso sorrí e explica que a elalle gusta realmente ir á escola e que a súa materia preferida é o árabe. Reemtamén estuda inglés e é capaz de manter conversacións curtas. En Za'atari, Reem comparte unha tenda de campaña cos seus tres irmáns máis novos. A súa nai e o seu pai comparten outra tenda cos seus dous fillos menores. A vida no campamento, que está no medio do deserto, é un desafío constante. As temperaturas vespertinas son insoportablemente altas e todo o mundo está cuberto de po polos fortes ventos. O campamento non ten nada que ver coa casa de catro cuartos queReem tiña en Sirya. A casa da súa familia tiña unha terraza e un patio onde Reem e os seus irmáns e irmás xogaban xuntos.
 
O novo ano escolar comeza o próximo mes. Reem e a súa familia probablemente seguirán estando en Za'atari para entón, pero grazas ao apoio de UNICEF poderá continuar cos seus estudos e ir á escola fóra do campamento.