Sirya: UNICEF distribúe subministracións de emerxencia a mulleres e nenos en Aleppo e Homs
UNICEF continúa traballando dentro e fóra de Sirya para apoiar os nenos afectados polo conflito. Xunto aos seus aliados acaban de finalizar a distribución de subministracións humanitarias vitais na cidade de Aleppo, que aínda se encontra asediada, e tamén en Talbiseh, preto de Homs, onde se fixeron chegar materiais de emerxencia moi necesarios para os nenos e as mulleres desa zona, unha das máis afectadas polos ataques.
UNICEF, xunto á Media Lúa Vermella Árabe Sirya (SARC) e outras axencias da ONU, distribuíu enAleppo 89 kits médicos, 2.000 kits de hixiene familiar e 2 maletíns de reanimación, xunto a 1.000 toallas, 48 caixas de xabón, roupa de verán e materiais escolares, que foron transportados, en catro camións.
"Asituación é extremadamente difícil debido
ao conflito", dixo Ettie
Higgins, Representante Adxunto de UNICEF en Sirya, despois deregresar onte a Damasco dende Aleppo. "Non obstante,UNICEF continúa
traballando todo o día xunto aos seus aliados para
garantir que todos os nenos que viven nestas horribles e
difíciles circunstancias reciban esta axuda vital."
Por outra parte, tamén
chegou a Talbiseh outro continxente
composto por nove camións con subministracións médicas de
emerxencia, alimentos, 1.000 kits de hixiene familiar e 500 kits de
bebé, 160 kits de "escolas nunha maleta" e 900 botes de xampú para
máis de 55.000 persoas.
"Nunca esquecerei a
felicidade dos nenos ao ver chegar aos camións coas
subministracións, e sobre todo cando viron por primeira vez osmateriais educativos que eran para eles", dixoAbdul Kadir Musse, Xefe da Oficina deUNICEF en Homs, quen resaltou ademais que as nais estaban
especialmente contentas ao ver a chegada de medicinas para os seus
fillos.
as necesidades dos nenos e as súas familias crecen
A pesar das dificultades que hai na zona e a falta de fondos, UNICEF e os seus aliados continúan prestando asistencia aos nenos que hai dentro de Sirya e tamén aos máis de 600.000 que fuxiron a países veciños.
Os doadores mostraron un grande apoio ao labor de UNICEF, peroas necesidades dos nenos sirios e as súas familias están a crecer de xeito exponencial, polo que se necesitan con urxencia máis fondos.