Sirya: UNICEF protexerá a 2,6 millóns de nenos este inverno

O inverno está ao virar a esquina e espérase que en Sirya e os países veciños sexa especialmente duro este ano. Por iso, desde UNICEF xa estamos a preparar a nosa resposta para protexer a 2,6 millóns de nenos.

 

Nas zonas montañosas, as máis afectadas polo frío, calcúlase que a temperatura podería chegar aos -13º durante os meses de decembro e xaneiro. Astormentas e as fortes nevadassupoñen un gran obstáculo para os nenos e as súas familias que loitan por sobrevivir.
 
Desde que comezou acrise, estas familias cada vez atopan máis dificultades en manterse cos recursos económicos dispoñibles. Para moitas delas resulta imposible comprar o material necesario para facer fronte ao duro inverno. Os abrigos e asbufandas convertéronse en bens imposibles de alcanzar.
 

SIRyA: UNhA RESPoSTA DE INVERNO PARA OS MÁiS AFECTADOS

A nosa resposta de emerxencia durante os próximos meses centrarase nosnenos de Sirya máis afectados, como osdesprazados internos, osrefuxiados e os que viven en zonas illadas ou en asentamentos informais.
 
Dentro de Siryapretendemos chegar a máis de 1 millón de nenos aos que proporcionaremos roupa, mantas ecalefactores. Ademais, repartiremos bonos de diñeiro en efectivo para que as familias poidan comprar o que necesiten para o inverno.  Estes bonos constitúen a nosa principal liña de acción fronte ao inverno nos países veciños como Turquía, Líbano, Iraq eXordania.
 
Este plan de resposta éespecífico para o inverno e súmase aos programas que xa levamos a cabo en aspectos como saúde, educación, auga e saneamento e protección, que seguen dando apoio a millóns de nenos na rexión. 
 

SIRyA: "ESTOS MESES SON ESPECIALMENTE BRUTAiS"

"Estes meses sonespecialmente brutais para os nenos", di Peter Salama, director rexional de UNICEF para Oriente Medio e África do Norte. "Teñen un maior risco de desenvolver infeccións respiratorias debido ao frío, e están en perigo cando as familias queiman plástico ou outros materiais tóxicos no interior dos seus refuxios para manterse quentes".
 
O conflito causou odesprazamento no interior de Siria de máis de 3 millóns de nenos, algúns deles víronse obrigados a desprazarse en máis dunha ocasión. Máis de 2,2 millóns de nenos viven como refuxiados nos países veciños:Turquía, Líbano, Xordania, Iraq eExipto.
 
Necesitamos a túa axuda para seguir protexendo aos nenos de Sirya, que sofren os efectos da guerra desde fai xa case 5 anos.Colabora para axudalos!