A situación dos fillos de inmigrantes en España
UNICEF España, xunto á Fundació Pere Tarrés, presentou o informe Abrindo ventás. Infancia, adolescencia e familias inmigradas en situacións de risco social. Nel ponse de manifesto que os nenos de familias inmigrantes que viven en España teñen dificultades para acceder a dereitos fundamentais como a alimentación, a educación ou a saúde.
Este traballo de investigación evidencia as dificultades coas que se encontra este colectivo á hora de empadroar os nenos, debido arequirimentos dos concellos, acircunstancias familiares (alta mobilidade das familias) ou a imposibilidade de empadroar osmenores acollidos en centros de protección por non dispoñer dun documento de identificación. Esta situación repercute no acceso dos nenos a servizos básicos como a sanidade. De feito, detectáronse casos de retirada de tarxetas sanitarias por falta de documentación.
O informe tamén pon de manifesto a existencia de controversias entre o ordenamento xurídico migratorio e a protección dos dereitos dos nenos, xa que detecta limitacións á hora de tramitar axudas públicas e situacións que vulneran o dereito ao reagrupamento familiar.
Dificultades na formación e no ámbito familiar
Os nenos de familias inmigrantes enfróntanse a miúdo a dificultades na súa formación. Os cambios continuos nos programas de ensino, a non inclusión da diversidade cultural no currículo académico e a incomprensión entre as familias e os colexios son serias barreiras ás que teñen que facer fronte. Estes problemas vense agravados polo coñecemento insuficiente da lingua, sobre todo en nenos de fala non hispana e polos problemas económicos que afectan ás familias. No ámbito familiar, o documento subliña aausencia de redes familiares extensas, unhainsuficiente supervisión parenteral, o uso da violencia como medida correctora ouconfrontación entre pais e fillos.Ying Ying, unha moza chinesa de 15 anos entrevistada no informe, explica as dificultades ás que se enfronta: "A miña familia e eu vivimos nun cuarto e as outras dúas familias tamén cada unha nun cuarto".Pedro, de 14 anos, chegou a España dende Ecuador con tan só 5. Recoñece que se xuntaba con "xente de bandas. Fun con eles dende os 11 aos 14 anos, agora xa non vou con eles, porque son xente perigosa. Cando estaba na banda metíame en pelexas e consumiamos drogas, como marihuana e hachix,".
Poboación inmigrante
En 2009 había en España 971.479 menores que tiñan nacionalidade estranxeira, é dicir, o 12% da poboación menor de 18 anos, concentrándose principalmente a Cataluña (21%), Madrid (18%), Comunidade Valenciana (14%) e Andalucía (12%). Para a redacción do documento entrevistouse 106 profesionais implicados no traballo co colectivo de fillos inmigrantes e oito menores de nacionalidade estranxeira.