Somalia: bolsas para apoiar a educación das nenas
En Somalia as taxas de escolarización infantil son moi baixas. Segundo datos de 2011, a taxa de matriculación dos nenos é do 50% e a das nenas do 38%, o que pon de relevo unha gran desigualdade, que se agrava aínda máis cando as nenas proveñen de comunidades vulnerables e familias con baixos ingresos.
"Nos casos nos que os pais teñen moitos fillos, dáse prioridade a que o neno vaia á escola. As nenas teñen que quedar na casa coidando dos seus irmáns ou axudando ás súas nais coas tarefas domésticas mentres estas intentan gañarse a vida facendo traballos de baixa cualificación", afirma a Especialista de Educación da Oficina deUNICEF en Hargeisa, Safia Jibril.
as bolsas ofrecen oportunidades para as nenas
UNICEF apoia o Ministerio de Educación paraaxudar ás nenas vulnerables no noroeste e o nordés de Somalia a ir á escola a través dun fondo de bolsas, denominado AFPE(Participación Acelerada Feminina en Educación). Este fondo de bolsas axuda a ampliar as oportunidades das nenas somalís vulnerables apoiándoas a través do completo círculo educativo. Actualmente, hai 453 nenas que reciben estas bolsas dende primaria ata nivel universitario no noroeste e nordés de Somalia. A media da bolsa para unha alumna en educación primaria é 193 dólares ao ano, mentres que para unha estudante universitaria se eleva a 1.262 dólares. As bolsas inclúen taxas de matriculación, unha pequena achega para gastos, taxas de autobuses, uniforme escolar e zapatos, libros de texto e papelaría.
“Vou facer todo o posible para lograr o meu sono”
Filsan, de 14 anos, perdeu os seus pais cando era moi pequena. A partir de entón, quedou coa súa tía e tivo que abandonar os seus estudos, xa que non lle podían pagar as taxas da escola. En 2011, aproveitando a oportunidade que ofrecía o fondoAFPE, solicitou e gañou unha das bolsas: "Aínda que perdín tres anos de aprendizaxe con tarefas domésticas, agora estou en sexto grao na Escola PrimariaGurya Samo en Hargeisa", di Filsan. "Se continúo recibindo apoio para os meus estudos, vou facer todo o posible para lograr o meu sono de converterme en médico", afirma.