Somalia: hai que previr unha epidemia de cólera

UNICEF enviou a un grupo de expertos de saúde a Somalia para evitar unha epidemia de cólera no país. Como consecuencia do conflito armado e da fame , centenares de miles de somalíes fuxiron cara aos campamentos de desprazados de Mogadiscio. A masificación dos campamentos pode ter consecuencias devastadoras para a rexión, onde o cólera ten carácter endémico.
 

Desde xaneiro de 2011rexistráronse máis de 43.000 casos de diarrea acuosa aguda ou cólera, 710 dos cales resultaron mortais. As zonas máis afectadas son as de Banadir, o Lower Shabelle ou Lower Juba.

En Somalia meridional, millóns de persoas viven baixo a ameaza do cólera e a diarrea acuosa aguda debido a que carecen de acceso á auga potable, a que non contan con saneamento e hixiene adecuados, aos desprazamentos demográficos e ás condicións de hacinamiento que existen nas zonas urbanas.

Calcúlase que se só se enfermase entre o 0,5% e o 3% das persoas actualmente en perigo, na rexión produciríanse entre 80.000 e 100.000 casos de cólera ou diarrea acuosa aguda.
 

Formar aos profesionais da saúde

"Polo xeral, a diarrea débese á contaminación da auga e a que as condicións de saneamento son moi deficientes", apuntou o doutor Osamu Okunii, Xefe de Supervivencia e Desenvolvemento Infantil de UNICEF en Somalia. "Outros factores determinantes poden ser a desnutrición aguda e a alimentación inadecuada dos lactantes e nenos de pouca idade".

Nun país que conta cunhainfraestrutura moi precaria e onde oconflito armado e a fame dan lugar a unha situación de inseguridade extrema, resulta imperativo contar con persoal da saúde capacitado. Iso é especialmente importante nos lugares de Somalia onde existen, ademais, outros problemas de saúde, como a desnutrición.
 

"Nunha situación como a de Somalia, o tratamento do cólera ou a diarrea acuosa aguda debería abordarse con pleno coñecemento e comprensión dos outros problemas sanitarios que poden exacerbar unha enfermidade, como a desnutrición, a tuberculose e o paludismo", detallou Burdhan.

"A pesar de que todos contamos con instrución médica previa, a capacitación que estamos a recibir agora é un modelo", comentou Hanad Abdi Gariae, un traballador da saúde de Mogadiscio que asiste ás sesións de formación. "Mediante este modelo aprendemos a realizar o noso labor paso a paso".